Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozarán dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolverán unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. A actividade está programada para os días 6,7 e 8 de maio. Que sexa de gran proveito este prolongado contacto coa natureza!!
O día 6 de maio deste 2019 terá lugar no Taller nº 2 durante toda a mañá un "Obradoiro de Maquillaxe con Aerógrafo" para o alumnado de 2º de FP Básica de Peiteado e Estética e para o do 1º CM de Estética e Beleza.
O obradoiro estará a cargo de K-PPEL, empresa de prestixio no campo dos produtos de peiteado e estética) organizado polas profesoras Rosa Álvarez e Carla Mujico e implicando tamén ao seguinte profesorado: Ángeles Domínguez, Mercedes Sáenz, Beatriz Corbacho e Ana Campaña
Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozarán dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolverán unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. A actividade está programada para os días 6,7 e 8 de maio. Que sexa de gran proveito este prolongado contacto coa natureza!!
Poucos días despois do seu percorrido por Lugo os agrupamentos de 1º da ESO gozarán dunha nova saída. Nesta ocasión desenvolverán unha estadía de tres días en Cabeza de Manzaneda (Ourense) organizada polo Departamento de Educación Física. A actividade está programada para os días 6,7 e 8 de maio. Que sexa de gran proveito este prolongado contacto coa natureza!!
O 8 de maio, durante toda a xornada, o alumnado de 3º ESO (grupos A e B) culminarán as actividades de colaboración lingüística que levan desenvolvendo todo o curso, organizadas polo Departamento de Lingua Galega, cunha convivencia co alumnado do CPI A Picota de Mazaricos. Por fin poderán coñecerse en persoa tras os intercambios epistolares. O obxectivo da actividade, por suposto, está moi claro: falar moito e ben e, podendo ser, en galego :)
O próximo xoves 16, con motivo de comezar a celebración do Día das Letras Galegas 2019 do día seguinte, o alumnado de 3º e 4º da ESO gozará dunha conferencia sobre Antón Fraguas a cargo do profesor Antonio Tizón. Terá lugar entre as 12:40 e as 13:30 horas. A actividade está organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer