O venres día 8 o 2º Curso do Ciclo Superior de Próteses Dentais, acompañados por Montserrat Pereira e Ana Belén Gómez, visitarán o Laboratorio Elidente entre as 10:30 e as 12:30 da mañá.
O luns 18 realizarase no Lamas de Abade unha nova actividade de sensibilización coa Seguridade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 3º ESO A e B no Salón de Actos desde as 10:00 ata as 11:30.
Xa o mes pasado, na primeira visita da Policía Local ao Centro, fixemos unha presentación dos obxectivos que se querían acadar con esta actividade. Se queres máis información pulsa aquí.
Charla sobre o proxecto Youtubeir@s o martes 19 de febreiro pola tarde para o alumnado de ESO e 1º de Bacharelato que poida ter interese no proxecto e na IIIª Convocatorio dos Premios Youtubeir@s que teñen aberto o seu prazo de inscrición recentemente.
Deixamos aquí link á web do proxecto. Ánimo e a participar
Os cursos 1º e o 2º do Ciclo Superior de Saúde Ambiental visitarán o vindeiro día 20 de febreiro de 2019 dende as 10:00 da mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais e a Estación de Tratamento de Auga Potable de Santiago de Compostela. Boa visita
Os días 21 e 22 de febreiro o alumnado do Lamas de Abade acudirá aos Concertos Didácticos organizados no Auditorio de Galicia pola Real Filharmonía de Galicia e o multiinstrumentalista Abraham Cupeiro.
O día 21 será turno do 2º ESO A e 3º ESO B así como do alumnado de Música de 4º ESO A e B. O día 22 acudirá o alumnado de música de 1º de Bacharelato
Esta previsto a saída do Instituto sobre as 10:20 e o retorno para as 12:40
Se queredes atopar máis información desta interesante actividade musical que propón unir as diferentes partes do planeta mediante a música podedes pulsar neste Link

Concursos de Sobremesas e Disfraces no
IES Lamas de Abade para celebrar o
Entroido 2019
O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá.
O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato acudirán á conferencia de Xeoloxía Ambiental impartida pola doutora Teresa Taboada Rodríguez na USC o vindeiro 28 de febreiro en horario de 9:50 a 10:40 (2ª hora de clase). O profesorado afectado nesas horas terá que acompañar ao alumnado.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer