Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
21
Start: 21/01/2019 09:00
"A importancia da estética facial no proceso non verbal de comunicación entre os seres humanos". Conferencia que será impartida polo Profesor José María Suárez Quintanilla do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Terá lugar no Salón de Actos do centro para o alumnado de Ciclos Formativos e estará coordinada polo Departamento de FOL. Start: 21/01/2019 09:00
O vindeiro luns 21 de xaneiro o Departamento de Imaxe Persoal ten programado unha actividade desas que producen envexa nada máis oir falar delas. Montse Veiras, unha das mellores profesionais do Ramo da Estética e Benestar, procederá a facer unha "Demostración de Masaxe con Pedras Quentes". A actividade terá un horario de 9:00 a 11:30 e será realizada para 1º e 2º ciclo de Estética e Benestar no Taller 2 de Estética. Os profesores afectados pola actividade son Isabel Rodríguez e María Victoria Nores. Un quédase coa inquedanza de se aceptarán voluntarios para a demostración...
| 22
| 23
| 24
Start: 24/01/2019 11:50
Co obxectivo de fomentar a lectura e propiciar un enriquecedor debate cunha autora recoñecida no mundo das letras, o alumnado do Clube de Lectura do Instituto terá un encontro literario coa coñecida escritora Teresa Moure o vindeiro 24 de xaneiro de 2019 na hora posterior ao recreo (11:50 a 12:40). Os cursos nos que se encadra este alumnado son o 3º e 4º da ESO e o 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades (afectando polo tanto ás clases que deberían ter nese horario). | 25
| 26
| 27
|
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer