Actividade de Seguriade Viaria impartida pola Policía Local de Santiago para o alumnado de 1º de Bacharelato A e B. A actividade terá lugar o luns 14 de xaneiro en horario de 9:00 a 11:30 no Salón de Actos do Instituto.
"A importancia da estética facial no proceso non verbal de comunicación entre os seres humanos".
Conferencia que será impartida polo Profesor José María Suárez Quintanilla do Departamento de Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Terá lugar no Salón de Actos do centro para o alumnado de Ciclos Formativos e estará coordinada polo Departamento de FOL.
O vindeiro luns 21 de xaneiro o Departamento de Imaxe Persoal ten programado unha actividade desas que producen envexa nada máis oir falar delas. Montse Veiras, unha das mellores profesionais do Ramo da Estética e Benestar, procederá a facer unha "Demostración de Masaxe con Pedras Quentes". A actividade terá un horario de 9:00 a 11:30 e será realizada para 1º e 2º ciclo de Estética e Benestar no Taller 2 de Estética. Os profesores afectados pola actividade son Isabel Rodríguez e María Victoria Nores. Un quédase coa inquedanza de se aceptarán voluntarios para a demostración...
Co obxectivo de fomentar a lectura e propiciar un enriquecedor debate cunha autora recoñecida no mundo das letras, o alumnado do Clube de Lectura do Instituto terá un encontro literario coa coñecida escritora Teresa Moure o vindeiro 24 de xaneiro de 2019 na hora posterior ao recreo (11:50 a 12:40). Os cursos nos que se encadra este alumnado son o 3º e 4º da ESO e o 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades (afectando polo tanto ás clases que deberían ter nese horario).
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer