O día 11 de decembro de 2018 en horario de mañán (9:30 a 14:15) o alumnado de 4º da ESO e o de 1º de Bacharelato que cursa Bioloxía e Xeoloxía asistirán a unha interesante actividade programada pola Domus da Coruña na súa sección "Laboratorio Aberto". A temática centrarase na Revolución Biotecnolóxica. O profesorado acompañante serán as profesoras Marina Raíces Madriñán e Cristina Gómez Rodríguez
O vindeiro 20 de decembro, no marco das actividades finais do trimestre e como celebración previa ao Nadal, o alumnado de 3º e 4º da ESO fará unha lúdica visita á Alameda Compostelá para poñer a proba as habilidades para a patinaxe sobre o xeo. A actividade durará de 9:50 a 11:30.
Un favor vos pedimos: Volvede sen danos físicos pero gozade a tope da experiencia :)
Se pulsades na imaxe poderedes ver a fotografía coa que ilustramos este evento e o artigo do xornal La Voz de Galicia sobre a pista de xeo e outras actividades do Nadal en Compostela
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer