Deixamos noticia nos nosos eventos de que o CS de Estética e Benestar participará nas Xornadas prácticas do módulo de Cosmética Hidrotermal no balneario de Cuntis o 6 de novembro de 2018 de 9:00 a 19:00. Aprendede e gozade da experiencia e do lugar.
O día 15 de novembro, de 9:00 a 14:00 horas, o Departamento de Imaxe Persoal gozará no Taller de Estética 2 dunha "Demostración de Produto e Técnicas de Estética a cargo da casa comercial Alohanatura" de Barcelona.
Case nos esquecemos de compartir con vos este importante acontecemento: Este serán do día 15 de novembro o IES Lamas de Abade terá un destacado protagonismo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia. Unha representación do alumnado do Instituto dirixida polo profesor José Manuel Facal protagonizará algunha das ponencias da tarde. As Xornadas están a celebrarse no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín e continuarán durante o día 16 e 17. Agardemos que, tendo en conta o lugar de celebración, os resultados científicos acaden como mínimo a categoría gastronómica da que ten tanta sona a comarca do Deza. Parabéns aos participantes e prometemos seguir informando dos resultados e, na medida do posible, xuntar algunha que outra imaxe.
Durante o mes de novembro celebraremos no Lamas de Abade un obradoiro de Lingua Portuguesa. As actividades desenvolveranse en horario de tarde, dende as 16:50 a 18:30. O martes 13 será protagonista o 1º A e o martes 20 de novembro será a quenda do 1º B.
O Departamento de Bioloxía ten organizado para o mércores 21 de novembro unha actividade para coñecer a rica xeoloxía da nosa contorna. Aínda que non volo pareza, a proximidade da "Canteira de Pedra de Santiago" fai que moitos grupos de estudantes e afeccionados da xeoloxía, acompañados de prestixiosos xeólogos que transmiten os seus coñecementos e observacións, visiten en moitas ocasións o noso entorno. Polo tanto un percorrido xeolóxico polas proximidades do Lamas de Abade aparenta que vai ser do máis enriquecedor. Nesta ocasión realizará a visita o alumnado de Bioloxía do 1º de Bacharelato B en horario de 12:40 ata a fin da xornada lectiva acompañados pola profesora Marina Raíces Madriñán.
Sen necesidade de desprazarnos moi lonxe o Departamento de Dinamización ten preparado para o vindeiro xoves 22 de novembro unha actividade na que poderemos gozar da compañía teatral Talía Teatro e a súa obra "Pelos na Lingua". O horario previsto de 12:40 a 14:20 ocupará as dúas últimas horas da xornada e o lugar para a representación será o Salón de Actos do CIFP Compostela. A asistencia do noso instituto será considerable xa que asistirán os cursos de 2º, 3º e 4º da ESO así como o 2º de FPB e o 1º de Bacharelato.
O alumnado de 1º de Bacharelato terá un encontro con Santiago Lopo, autor da obra "A Arte de Trobar" (Premio Xerais de Novela, 2017) o vindeiro día 27 de novembro en horario de 10.00 a 11:30 no Salón de Actos do Lamas de Abade.
Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpiada. Chegan os Skill 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.
Recordarvos que os Skills son unha proba moi esixente na que os gañadores a nivel galego poden participar despois no SpainSkills e incluso aspirar ao EuroSkills ou o WorldSkills sucesivamente se seguen resultando gañadores.
No caso da nosa representante, alumna do 2º curso de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE), terá que enfrontarse a unha proba común para o Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería centrado nun caso práctico de atención a persoas en situación de dependencia no que tamén é indispensable aplicar multitude de coñecementos teóricos propios do ciclo que requiren dunha preparación intensa da candidata na que tamén ten colaborado profesorado do Lamas.
Son en total 25 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. o mércores 28, a mañán do xoves e o venres 29, día no que se fai a entrega final.
Se queredes máis información xuntamos o link da páxina de FP da Xunta sobre este evento.

O Ciclo Medio de Emerxencias Sanitarias asistirá o 29 de novembro de 2018 á cidade da Coruña para participar no XXV Congreso Autonómico SEMES de Galicia (Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias). O horario da actividade será dende as 15:00 ata as 22:00 e terán como acompañantes a profesora Esther Pérez e ao profesor Miguel Carreira
Os días 28, 29 e 30 de novembro a Formación Profesional do Lamas de Abade vivirá a súa particular Olimpiada. Chegan os Skill 2018 nos que o noso centro presenta a Iria Díaz Granja como candidata a levarse este importante galardón profesional.
Recordarvos que os Skills son unha proba moi esixente na que os gañadores a nivel galego poden participar despois no SpainSkills e incluso aspirar ao EuroSkills ou o WorldSkills sucesivamente se seguen resultando gañadores.
No caso da nosa representante, alumna do 2º curso de Técnico de Coidados Auxiliares de Enfermería (CAE), terá que enfrontarse a unha proba común para o Ciclo Medio de Auxiliar de Enfermería centrado nun caso práctico de atención a persoas en situación de dependencia no que tamén é indispensable aplicar multitude de coñecementos teóricos propios do ciclo que requiren dunha preparación intensa da candidata na que tamén ten colaborado profesorado do Lamas.
Son en total 25 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. o mércores 28, a mañán do xoves e o venres 29, día no que se fai a entrega final.
Se queredes máis información xuntamos o link da páxina de FP da Xunta sobre este evento.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer