INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

 

 

 

 

                 

 

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 06, 2018
Start: 06/11/2018 09:00

 Deixamos noticia nos nosos eventos de que o CS de Estética e Benestar participará nas Xornadas prácticas do módulo de Cosmética Hidrotermal no balneario de Cuntis o 6 de novembro de 2018 de 9:00 a 19:00. Aprendede e gozade da experiencia e do lugar.

Xoves Novembro 15, 2018
Start: 15/11/2018 00:38

O día 15 de novembro, de 9:00 a 14:00 horas, o Departamento de Imaxe Persoal gozará no Taller de Estética 2 dunha "Demostración de Produto e Técnicas de Estética a cargo da casa comercial Alohanatura" de Barcelona.

Start: 15/11/2018 17:50

Case nos esquecemos de compartir con vos este importante acontecemento: Este serán do día 15 de novembro o IES Lamas de Abade terá un destacado protagonismo nas XXXI Xornadas de Ensinantes de Ciencias de Galicia. Unha representación do alumnado do Instituto dirixida polo profesor José Manuel Facal protagonizará algunha das ponencias da tarde. As Xornadas están a celebrarse no IES Ramón Mª Aller Ulloa de Lalín e continuarán durante o día 16 e 17. Agardemos que, tendo en conta o lugar de celebración, os resultados científicos acaden como mínimo a categoría gastronómica da que ten tanta sona a comarca do Deza. Parabéns aos participantes e prometemos seguir informando dos resultados e, na medida do posible, xuntar algunha que outra imaxe. 

Martes Novembro 20, 2018
Start: 20/11/2018 16:50

 Durante o mes de novembro celebraremos no Lamas de Abade un obradoiro de Lingua Portuguesa. As actividades desenvolveranse en horario de tarde, dende as 16:50 a 18:30. O martes 13 será protagonista o 1º A e o martes 20 de novembro será a quenda do 1º B.  

Mércores Novembro 21, 2018
Start: 21/11/2018 12:40

O Departamento de Bioloxía ten organizado para o mércores 21 de novembro unha actividade para coñecer a rica xeoloxía da nosa contorna. Aínda que non volo pareza, a proximidade da "Canteira de Pedra de Santiago" fai que moitos grupos de estudantes e afeccionados da xeoloxía, acompañados de prestixiosos xeólogos que transmiten os seus coñecementos e observacións, visiten en moitas ocasións o noso entorno. Polo tanto un percorrido xeolóxico polas proximidades do Lamas de Abade aparenta que vai ser do máis enriquecedor. Nesta ocasión realizará a visita o alumnado de Bioloxía do  1º de Bacharelato B en horario de 12:40 ata a fin da xornada lectiva acompañados pola profesora Marina Raíces Madriñán.

 

Xoves Novembro 22, 2018
Start: 22/11/2018 12:40

Sen necesidade de desprazarnos moi lonxe o Departamento de Dinamización ten preparado para o vindeiro xoves 22 de novembro unha actividade na que poderemos gozar da compañía teatral Talía Teatro e a súa obra "Pelos na Lingua". O horario previsto de 12:40 a 14:20 ocupará as dúas últimas horas da xornada e o lugar para a representación será o Salón de Actos do CIFP Compostela. A asistencia do noso instituto será considerable xa que asistirán os cursos de 2º, 3º e 4º da ESO así como o 2º de FPB e o 1º de Bacharelato. 

Domingo Novembro 25, 2018
Start: 25/11/2018 00:00

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Lamas de Abade

 

Para máis información pulsa na imaxe.

Martes Novembro 27, 2018
Start: 27/11/2018 10:00

O alumnado de 1º de Bacharelato terá un encontro con Santiago Lopo, autor da obra "A Arte de Trobar" (Premio Xerais de Novela, 2017) o vindeiro día 27 de novembro en horario de 10.00 a 11:30 no Salón de Actos do Lamas de Abade. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer