Eventos
Día 5
Entrega de notas ao alumnado de E.S.O., 1º de Bacharelato e E.S.A. ás 10:00 horas polos/as titores/as.
Dias 5 e 6
Prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións finais. Ata as 14:00 h. do día 6.
REUNIÓN DA CCP
Convócase reunión da CCP na aula multimedia para o luns, día 9 de setembro de 2019 ás 11:00 horas, en primeira convocatoria, e ás 11:30 horas en segunda convocatoria, co seguinte
GUIÓN DE TRABALLO
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Elección do/a secretario/a da Comisión de Coordinación Pedagóxica.
3.- Plan anual de lectura para o curso 2019/2020.
4.- Modificación, se procede, do Proxecto Lingüístico do centro.
5.- Elaboración das programacións didácticas.
6.- Membros do departamento de Orientación.
7.- Proposta de calendario para as avaliacións do curso 2019/2020.
8.- Fotocopias realizadas no centro durante o curso 2019/2020.
9.- Información da dirección do centro.
10.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO DO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o martes, día 10 de setembro de 2019 ás 12:00 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Criterios para a elaboración dos horarios do curso 2019/2020.
3.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CLAUSTRO ORDINARIO PROFESORADO
Convócase Claustro do Profesorado no salón de actos para o venres, día 13 de setembro de 2019 ás 10:00 horas, coa seguinte:
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Aprobación, se procede, do Proxecto do Club de Lectura para o curso 2019/2020.
3.- Elección dos días non lectivos para o curso 2019/2020.
4.- Información da Dirección.
5.- Entrega de horarios para o curso 2019/2020.
6.- Rogos e preguntas.
Chantada, 4 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o venres, día 13 de setembro de 2019, ás 12:00 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Modificación na constitución do Consello Escolar e das comisións correspondentes.
3.- Aprobación, se procede, do Proxecto do Club de Lectura para o curso 2019/2020.
4.- Aprobación, se procede, da autorización do uso do pavillón para o “Castañazo Rock”.
5.- Aprobación, se procede, dos días non lectivos do curso 2019/2020.
6.- Autorizacións para utilizar o pavillón do centro.
7.- Información da Dirección.
8.- Rogos e preguntas.
Chantada, 2 de setembro de 2019.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez
Co motivo do comezo do curso escolar 2019/2020 o centro realizará a presentación do mesmo para o día 1 de outubro de 2019 ás 17:00 horas. Neste acto intentarase seguir o guión mostrado a continuación:
- Presentación dos membros do equipo directivo do centro.
- Información da Dirección do centro.
- Información da Xefatura de Estudos.
- Información do Departamento de Orientación do centro.
- Presentación das persoas titoras dos distintos grupos da ESO.
- Reunión coa persoa titora dos seus fillos ou fillas.
- Recorrido polo centro visitando as distintas instalacións do mesmo.
As persoas titoras deberán asistir ao acto, e o resto de profesorado está invitado ao mesmo.
A dirección