Ao abeiro do Plan Integral contra o acoso e o ciberacoso escolar impulsado co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que o centro escolar conte cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións, colocouse un punto laranxa físico no centro e outro virtual na páxina web do centro.
O funcionamento do punto laranxa é como o dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en outros alumnos.
Para xestionar este buzón, o centro conta cun equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.
Así, o alumnado dispón dun equipo de referencia ao que dirixirse en caso de que o precise. E no Protocolo educativo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e do ciberacoso escolar, establécese un procedemento de intervención ante os posibles casos que se coñezan por esta vía.