Skip to Content

O 17 de marzo publicouse no BOE a convocatoria de becas de carácter xeral para o curso 2023-2024, para estudantes que cursen estudos postobrigatorios:

FP Básica.

Bacharelato.

Ciclos Medios.

Ciclos Superiores.

Universidade e outros.

As solicitudes faranse exclusivamente de forma telemática a través da Sede Electrónica do MEFP. O prazo de solicitude abrangue do día 27 de marzo ao 17 de maio de 2023, ambos incluídos.

Texto da convocatoria

Para máis información e solicitude:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

As notas da segunda avaliación de 2º de Ciclos medios e 2º de Ciclos superiores publicaranse o venres 24 de marzo ás 10:00.

Unha falta de ortografía fálame dos meus devanceiros

ningún sabía ler ningún sabía que Apollinaire vivira

que Rilke fora amado con furor polos anxos

e que Federico García Lorca soñara entre limoeiros á luz da alba.

Ninguén sabía ler

non

e eu ensínovos o que hai detrás deste verso

aclimatado á chuvia do voso país

á vosa borrasca milenaria

ao soño do voso armiño nove veces adormentado

e dou de min

a gota que me colma

e a ledicia de vervos ir á vida escrita con b

pero amada con furia.

                                                                                   Feliz Idade

                                                                                   Olga Novo

As notas da segunda avaliación de 1º e 2º de Bacharelato de Adultos publicaranse o martes 21 de marzo ás 10:00.

Exame final Palangre, Cerco e Arrastre
12/04/23 08:50 h

Exame final Marisqueo e Artes de Enmalle
14/04/23 08:50 h

Exame final Actividades en Cubierta
14/04/23 12:00 h

Exame final Ciencias Aplicadas II
13/04/23 11:55 a 13:35

Exame final Comunicación e Sociedade II
13/04/23 08:50 a 10:30

Exame final Comunicación e Sociedade II (Ingles)
20/03/23 16:00 a 16:50 (teórico)    
21/03/23 09:40 a 10.30 (speaking)

Velaquí o alumnado seleccionado para a mobilidade Erasmus+ de Brest, Francia. Seguimos a traballar nas mobilidades para o próximo curso!! 

Foi admitido todo o alumnado que fixo reserva para 1º da ESO para o vindeiro curso 2023/2024, procedente do centro adscrito CEIP. Plurilingüe A Pedra.

A listaxe de admitidos atópase na Secretaría do centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut