Skip to Content

Francés

Departamento de Francés

 

Beneficios de escoller a optativa 2ª lingua estranxeira - Francés

1.  É unha materia que ten continuidade ao longo da ESO e do bacharelato.

2. Rápido progreso por derivar do latín, como o castelán e o galego.

3. Permite acadar o nivel A2 en 4º ESO e o B1-B2 no bacharelato.

4. Posibilidade de certificar o nivel grazas ao DELF (Diplôme d’études en langue française), recoñecido en todo o mundo e con validez permanente. (Na universidade, acreditación do B1 dunha lingua estranxeira, necesario para graduarse; B1/B2 para Erasmus; a partir do B1, validación de créditos transversais).

5. Máis facilidades para optar a bolsas Erasmus en países francófonos, debido á menor demanda en comparación co inglés.

6. Acceso a bolsas da Xunta de Galicia para estancias lingüísticas en Francia durante o verán.

7. Pode axudar a subir a nota da ABAU ata en 2 puntos.

8. Marca a diferenza á hora de atopar traballo, mesmo sen saír da nosa contorna, xa que na área de influencia de Vigo hai varias multinacionais francesas.

9. É lingua de traballo nas institucións europeas, xunto co inglés e o alemán.

10. Permite viaxar por todo o mundo, xa que se fala nos 5 continentes.

 

Boas novas para o noso centro! Dos 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do nivel B1 do “Diplôme d'Études en Langue Française”, aprobaron 11.

 

Dende hai dous cursos, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesionalda Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1 é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos a todo o alumnado de Bacharelato que curse Francés o ano que vén e que aínda non teña este diploma a presentarse ás probas do nivel B1.

 

 

 Por segundo ano consecutivo, temos unha boa nova que anunciarvos: os 8 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

Dendo o curso pasado, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos a todo o alumnado de Bacharelato que curse Francés o ano que vén e que aínda non teña este diploma a presentarse ás probas do nivel B1.

 

Hoxe temos unha boa nova que anunciarvos: os 12 alumnos e alumnas de Bacharelato que se presentaron ás probas do “Diplôme d'Études en Langue Française” (DELF) aprobaron e obtiveron uns excelentes resultados, polo que estamos moi contentos.

 

A partir deste curso que remata, o alumnado dos centros públicos da nosa comunidade pode obter o Diploma de Estudos en Lingua Francesa, na súa versión escolar, grazas a un convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España.

 

Estes diplomas oficiais, de validez indefinida, son expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e son recoñecidos internacionalmente por máis de 170 países. No ámbito académico, favorecen a mobilidade estudantil internacional ao certificar o coñecemento en lingua francesa e o nivel B1, o que obtivo o noso alumnado, é obrigatorio en España para obter un grao universitario.

 

Por isto, felicitámolos dende aquí e animamos ao alumnado de Bacharelato a presentarse ás probas o curso que vén.

Distribuir contido


by Dr. Radut