COMPROMISO DO IES JOHAN CARBALLEIRA
- Establecer os resultados de aprendizaxe das prácticas no que respecta a coñecementos, capacidades e competencias que deben adquirirse . Éstes quedarán establecidos nos acordos entre as institucións e o estudante, e serán negociados, coñecidos e asinados por todas a partes antes do inicio da estancia.
- Localizar e contactar con aquelas institucións de acollida que sexan máis adecuadas ao perfil profesional dos estudantes.
- Acordar con éstas o contido da estancia Erasmus en termos de competencias e tarefas a desenvolver polo estudante, duración do proxecto, horario e lugar de traballo. Estes acordos quedarán reflectidos no Acordo de Formación suscrito entre o noso centro e a empresa.
- Acordar coa institución de acollida un programa específico de formación para cada estudante.
- Seleccionar aos estudantes baseándonos en criterios e procedementos obxectivos, equitativos e transparentes.
- Preparar aos estudantes nos aspectos prácticos, profesionais e culturais do país de acollida, en especial mediante unha formación lingüística adecuada ás necesidades profesionais previstas.
- Asesorar aos estudantes en relación á organización da viaxe, aloxamento, permisos, seguros e outros aspectos relacioados coa loxística da estancia.
- Tramitar as axudas económicas asociadas ao programa Erasmus.
- Supervisar o correcto desenvolvemento da estancia, a través da figura do titor de FCT.
- Dar pleno recoñecemento ás actividades realizadas polo estudante durante a estancia Erasmus, con arreglo ao disposto no Acordo de Formación.
COMPROMISO DA INSTITUCIÓN DE ACOLLIDA
- Cumprir cós termos estipulados no Acordo de Formación, a fin de garantir que a estancia reune todos os requisitos de calidade e adecuación ao currículo de estudos que o noso centro esixe.
- Nomear un titor que supervise as prácticas e axude á integración dos estudantes, estea en contacto periódico có titor de FCT do noso centro e avalíe a estancia formativa.
COMPROMISO DO ESTUDANTE
- Cumprir cós termos acordados en relación coas prácticas, en canto a tarefas a desempeñar, duración da estancia, horarios de traballo e xestións a desenvolver.
- Respectar as normas da institución de acollida (horarios, política de empresa, normas de seguridade, regulamentos internos...)
- Manter durante a estancia contacto periódico có titor de FCT do centro, a fin de informar sobre o desenvolmento das prácticas e calquera incidencia ou modificación que poda xurdir respecto ás mesmas.
- Cumprimentar cantos documentos sexan esixidos polo centro, de conformidade có disposto nos acordos de formación.
- Colaborar na promoción do programa Erasmus, durante a estancia así como ao retorno da mesma, mediante a difusión da súa experiencia persoal.
- Suscribir un compromiso de reembolso do importe das axudas concedidas, para o caso de finalización da estancia antes do tempo estipulado ou de incumprimento inxustificado dos termos establecidos nos acordos contraídos có centro.