1- Non se permite ao alumnado introducir, inxerir alimentos ou bebidas de calquera tipo na Biblioteca.
2- O/a alumno/a non pode falar en voz alta, nin escribir sobre os libros, nin usar teléfonos móbiles.
3- O alumnado non pode saír da sala de lectura con ningunha obra que non fora prestada regulamentariamente.
4- As persoas que deterioren libros ou obxectos de calquera clase estarán obrigadas a repoñelos, e se isto non fose posible, a indemnizar o prexuízo causado. Os danos causados maliciosamente ou a subtracción de libros , poñeranse en coñecemento da Dirección do Centro, para os efectos que procedan.
5- Só se permite xogar ao xadrez durante o recreo, sempre que o/a alumno/a non altere a orde.
6- O alumnado non pode entrar no almacén da biblioteca.
7- Cada alumno/a será responsable de custodiar o material que lle pertence.
8- O profesorado de garda é o encargado de extraer e gardar os libros nos andeis.
HORARIO
Polas mañás a biblioteca permanecerá aberta con libre acceso para consulta en sala, lectura, préstamo..., desde as 09:35 ata as 13:25.
Durante os recreos dispoñemos de dous profesores/as de garda para axilizar os préstamos e devolucións.
Polas tardes poderedes utilizar o recinto desde as 16:00 ata as 22:30, agás os venres que será de 18:00 a 20:30.
SERVIZO DE PRÉSTAMO
A maioría dos fondos da biblioteca están ao dispor dos diferentes membros da comunidade educativa en servizo de préstamo ata un máximo de tres exemplares ao mesmo tempo.
O prazo de préstamo será de 15 días e só poderá prorrogarse, excepcionalmente, se o libro en cuestión non ten moita demanda.