Skip to Content

Historia

admin

O IES Johan Carballeira foi inaugurado no ano 1990, acollendo a un alumnado naquel intre escolarizado en instalacións provisionais de Bueu, ou que estudiaba noutras localidades limítrofes da Bisbarra do Morrazo e, mesmamente, en Pontevedra.

O Centro nace con vocación de Instituto de Ensinanza Secundaria e Profesional (IESP Johan Carballeira), cunha orferta educativa en BUP, COU, FPI de Perruquería e Administración, e de FPII de Administración, que totalizaba unha matrícula de 452 alumnas e alumnos no ano académico de 1991-92.


Posteriormente, e a fin de satisfacer a crecente demanda educativa e número de alumnado, sufre dúas ampliacións importantes e dotación das correspondentes infraestructuras e servizos: unha primeira lindando coas pistas polideportivas exteriores, e unha segunda ó fronte do edificio existente, na zona de administración.

JOHAN CARBALLEIRA

José Francisco Gómez de la Cueva pasou a ser Johan Carballeira desde que empeza a escribir para El Pueblo Gallego, alá por 1927. Nacera na rúa do Areal, en Vigo, o 13 de febreiro de 1902, para trasladarse definitivamente a Bueu cando contaba con 12 anos.

Carballeira destaca, ante todo, como xornalista, empezando con colaboracións no Faro de Vigo, poemas e pequenos artigos de crítica literaria. Fálase de Xohan Carballeira, que ata 1936 colaborou nas máis importantes e prestixiosas revistas a nivel galego, español e internacional, como renovador do xornalismo do país na súa época.

Entrevistas con Rafael Dieste e Otero Pedraio, entre outros, crónicas de viaxes, os problemas agrarios e a normativización e normalización lingüística son os temas principais arredor dos que xira o seu traballo. O seu compromiso con Galicia e cos problemas do seu tempo levouno a afiliarse ó Partido Galeguista e, xa máis tarde, asumir a alcaldía do concello de Bueu en 1936.

Logo da sublevación militar de xullo é acusado de rebelión contra o exército e condeado a morte, sentencia que se cumpliría en abril de 1937 en Pontevedra. Recentemente foron atopados os seus restos no cemiterio de San Mauro, en Pontevedra.

Artículo de don Manuel Herva Allegue



page | by Dr. Radut