IES Isidro Parga Pondal

Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Rúa Muiño da Pintura, nº 4, 15100 Carballo, A Coruña

Teléfono: 881 88 03 71

Email: ies.parga.pondal@edu.xunta.gal

Horario de verán: 09:00h - 14:00h

Horario administración: 09:00h - 14:00h

Estimadas familias,

De novo remata o curso escolar e comezará outro tras as esperadas vacacións de verán.
Un ano máis, achegamos o Boletín de Subscrición para as familias que teñan a ben seguir con nós e para as que se incorporan de novo a esta asociación que traballa en beneficio dos nosos fillos/as.
A cota vai a ser de 12 € por familia.
Queremos agradecer a gran participación das familias no curso anterior e esperamos seguir medrando en número de socios, para ter unha maior representación no centro escolar.

Actividades da Anpa para o curso 2018/2019:

  • Entrega da AXENDA ESCOLAR e CARNÉ con descontos en comercios colaboradores de Carballo, parao alumnado socio ao comezo do curso.
  • Nas saídas do centro durante todo o curso, o alumnado socio, terá un desconto no importe de cada
  • saída , e as saídas de menor importe serán gratis.
  • RIFAS para todo aquel alumnado que se apunte ás grandes excursións. Serán gratuítas e a recadación será
  • íntegra e individual para a axuda do pago da viaxe.
  • Aportamos a todo o alumnado dous dos premios no concurso do ANTROIDO.
  • Concurso para todo o alumnado da PORTADA AXENDA ESCOLAR 2019/2020 (con premios para as
  • portadas gañadoras, elixidas polo xurado).
  • Regalamos unha ORLA coa súa promoción a tódolos alumnos de 4o da ESO que estean interesados.
  • Organizamos a FESTA DE FIN DE CURSO para todo o alumnado.
  • Regalamos as BANDAS para a graduación de Bacharelato, ao alumnado socio.
  • Temos en proxecto, ofrecer interesantes CHARLAS/TALLERES para as familias.
  • Durante o curso, traballaremos na posibilidade de poder ofrecer algún curso/taller de PRIMEIROS AUXILIOS.
  • Seguiremos co curso gratuíto da Escola de pais/nais que nos ofrece a Asociación Vieiro.
  • As actividades e as novas que poidan xurdir, notificaranse mediante circulares que se irán entregando ao alumnado ea través da Web do Centro.

Sen máis, recibide un cordial saúdo. A Xunta Directiva.

ACHEGASE O FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

FORMA DE PAGO : Ingreso de 12 € na conta de ABANCA ES422080 0705 5330 4000 1705

Por favor, fagan constar no ingreso os nomes do pai/nai ou titor/a e dos alumnos/as

Rogamos, entregar o xustificante de pago do banco grampado xunto con este boletín cos datos debidamente cubertos.

Pago na man: Nos mesmos días e horario da entrega en secretaría da formalización das matriculas (Xuño e
Setembro) no centro. Haberá membros da directiva da Anpa para atender ao cobro da cota de socio/a.

Anímate a facer un Ciclo Superior de éxito no IES Isidro Parga Pondal.

O CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede impártese no Centro con moito éxito desde fai 18 anos.

+ INFO sobre o Ciclo: http://www.edu.xunta.es/fp/ciclo%252FSIFC01

+ INFO sobre o proceso de admisión: http://www.edu.xunta.es/fp/node/13647

O prazo de presentación de solicitudes - no periodo ordinario - empeza o 28 de xuño e remata o 3 de xullo.

ANIMATE!

 

Os nosos alumnos recibiron un premio máis este curso. Neste caso trátase do segundo premio que un grupo de alumnos de 2º da ESO recibiron polo seu traballo á hora de realizar un cartel publicitario no que reflectiran novas ideas de cara a un consumo responsable, obxectivo do concurso Consumópolis 13.

Este concurso, que se convoca anualmente, pretende traballar con alumnos de entre 5º de Primaria e alumnos de toda a Secundaria. O noso centro participou este curso por segunda vez a iniciativa do departamento didáctico de Filosofía a través da materia de Valores Éticos e coa colaboración de diversas titoras de 1º e 2º da ESO.

O número de alumnos participante foi moi elevado e comprendía alumnos de 1º, de 2º , de 3º e de 4º da ESO. Case todos eles enviaron traballos para participar na fase galega do concurso, pero só un deles acadou un premio. Todo un logro se temos en conta que competían con centros de toda Galicia.

Para recoller o premio, decidimos acompañar aos nosos campións cun nutrido grupo de participantes no concurso e marchamos cara a Santiago. O acto tivo lugar na Consellería de Sanidade, da que depende Consumo, onde os nosos alumnos viron como os seus compañeiros presentaban o seu traballo ao tempo que eran felicitados por diversas autoridades.

E así acabou a nosa participación este ano. Quedamos pendentes de novas convocatorias. Podedes buscar máis información neste enlace. Tendes máis nformación, coma sempre, en FiloLandra.

Os alumnos e alumnas da aula PT3, Ramón, Clara, Sebas, Marcos, Maxi, Alejandro, Noé e Brais, gañaron o PRIMEIRO PREMIO Á ORIXINALIDADE co seu mural de collage baseado no libro E haberá tirón de orellas? da homenaxeada María Victoria Moreno. O traballo en equipo e a colaboración de cada un deles e delas plásmase na orixinalidade e creatividade deste mural valorado co premio.

Bo traballo, equipo!

 

 

 

 

 

Por fin saíron os premios de Consumópolis. Na categoría de 1º e 2º ESO o equipo formado por Pablo Fraga Taibo, Pablo García Duarte,  Anxo Pose Fernández, Nerea Varela Vila e Cristina Muñiz González fixo un traballo tan bo que non pasou desapercibido no Instituto de Consumo. O mural chámase Non peches os ollos e propón unha reflexión sobre distintas formas de ver o consumos, que vemos, que non vemos..

Así que temos unha cita o venres 15 en Santiago de Compostela para recoller o premio e as honras.

Parabéns ao equipo!!