Instituto de ensinanza secundaria, bacharelato, ciclos formativos e adultos

Música de entrada:

Hoxe, para empezar o día, escoitaremos a “Danza ritual del fuego” de Manuel de Falla. É unha música orixinal, envolvente, de gran beleza que pertence ao ballet “ El amor brujo” do citado compositor español.

Trátase dunha historia de feitizos e bruxería na que narran como Candela, unha moza xitana, vive o seu amor por Carmelo, atormentada polo espectro do seu antigo amante. Estreouse en Madrid en 1915. Tanto musical como literariamente ten un marcado carácter andaluz.

 

Música de saída

What a wonderful world, é unha canción jazz, que nace coa idea de ser un antídoto ao clima político e racial na década de 1960. Nela nárrase a beleza polas cousas simples de cada día e mantén unha visión optimista con esperanza no futuro. Escribíronna Bob Thiele e George David Weiss pensando en Louis Armstrong que lle  imprimiu ese especial atractivo.

Editouse por primeira vez en 1967, pero a súa difusión masiva tivo lugar en 1987, cando a incluíron na banda sonora da película Good Morning, Vietnam,  dirigida por Barry Levinson y protagonizada por Robin Williams.

 

Música para a tarde

Que mellor que John Travolta e Olivia Newton John na película musical  Grease para empezar a tarde do martes, cantando You’re the one that I want.