O xoves 25 de abril, acudiron ao noso centro unha representación do profesorado e o equipo directivo do IES de Noia para coñecer o labor do alumnado axudante e do Departamento de Mediación
Devolven a visita que o noso Departamento de Mediación fixera en marzo, onde lles impartiu unha sesión de formación relacionada coa implementación do programa.
O alumnado de 3° e 4° de ESO, elaborou unha presentación onde se visualizaba a súa implicación no programa e tamén lle trasladaron as súas experiencias, a aprendizaxe no manexo das ferramentas adquiridas, a escoita activa, e a resolución pacífica de conflitos tanto no entorno escolar como na súa vida diaria.
As emocións foron as protagonistas do encontro e todo o alumnado axudante foi capaz de avivar no profesorado visitante o interese pola posta en marcha do programa no seu instituto.
A xornada culminou cun intercambio de ideas e reflexións entre os equipos de mediación de ambos institutos, onde se exploran oportunidades de colaboración futura.
En definitiva, a visita do IES Virxe do Mar foi unha experiencia enriquecedora que fortalecerá os lazos entre ambos centros e permitirá un valioso intercambio de coñecementos e prácticas no ámbito da mediación escolar.
Aproveitamos a visita para que puideran ver como funcionan o noso centro, así como os patios dinámicos e inclusivos, a aula de cambio e a organización deste.
Sobre todo gustaríanos agradecer este intercambio de experiencias a nosa excompañeira Eva que fixo que todo isto fora posible