Elaboración da pócima "Convivamus"

O equipo directivo, o equipo de Convivencia e o departamento de Orientación convídavos a participar na elaboración da pócima "Convivamus". Se tes algún problema con algún compañeiro/a, colle unha papeleta (que atoparás na mesana da cheminea), cúbrea e bótaa no caldeiro.

 

 

Charla sobre orientación universitaria

O xoves 13 de maio virá un grupo de antigos/as alumnos/as para impartir unha charla informativa para o alumnado de 2º Bacharelato sobre as carreiras universitarias que están a cursar na actualidade. Dende o centro queremos agradecer moitísimo a colaboración e boa disposición dos nosos antigos/as alumnos/as, que sempre serán máis que benvidos/as no noso instituto.

Procedemento de reclamación á calificación final

 

ORDE do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

ORDE DO 2 DE MARZO DE 2021 POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓN

 

Festexando o día de Rosalía

Velaquí están algunhas das mostras do festexo do día de Rosalía: os poemas lidos e fotos do alumnado de comercio celebrando o día:

FOTOS TEXTOS E VIDEO

 

 

 

Libros de balde!!

Roteiro cultural guiado por Tui

Cambio de datas nas probas libres de ciclos formativos

Informamos de cambios de datas no calendario de probas libres que aumentan o tempo de matrícula para as persoas adxudicadas tendo en conta a coincidencia con festivos. A data final de matrícula para as persoas adxudicadas remata o día 19 de maio ás 13:00h e o comezo da adxudicación continuada e da liberación de prazas será o día 21 de maio ás 9:00h.

Aproveitamos a ocasión para indicarlles a forma de incluír o motivo de exclusión nas solicitudes no que o documento do título é incorrecto:

Unha vez validada a solicitude polo centro, debese ir polo apartado 3.1. Ao buscar por DNI, "Ver historial", seleccionar a pestana "Proba libre" hai que premer en "Ver solicitude". Debaixo do Acceso seleccionado hai un apartado para marcar un recadro de "O documento do título é incorrecto" que abre un despregue con diferentes opcións. Deberase seleccionar a máis adecuada de todas as existentes para que saia na listaxe o motivo de exclusión.

Lembren verificar por esta vía que todas as solicitudes que non cumpren o requisito de acceso están co motivo de exclusión perfectamente seleccionado.

CALENDARIO PROBAS LIBRES DE CICLOS FORMATIVOS

IV Edición do concurso de poesía e debuxo "Avelino Díaz"

Achéganse as Bases do IV CERTAME DE DEBUXO E POESÍA “AVELINO DÍAZ", que convocan os concellos de Meira e Riotorto coa colaboración da Asociación Cultural “Avelino Díaz".

O remate do prazo definitivo de presentación de orixinais para o 22 de maio de 2021. Máis información en www.poetaavelinodiaz.gal.

 

Novo contido na páxina web: "Saúde Xove"

Infórmase a toda a comunidade escolar de que se habilitou nesta web unha ligazón nova, Saúde Xove, no sector destinado a orientación. Este link conduce a unha páxina creada pola Asociación de Pediatría que contén diversas informacións que atinxen á saúde de adolescentes (sexualidade, alimentación, exercicio, ocio e tempo libre...), todos eles contidos moi interesantes e veraces que poden ser consultados de forma libre e gratuita. Esperamos que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa.

Distribuir contido