Skip to Content

blogue deprofesor1

INFORMACIÓN RESERVA E ADMISIÓN

Novas de admisión:

Descargar: ZONAS DE INFLUENCIA. (abaixo adxunto .pdf)

Descargar: Nota informativa e calendario proceso admisión (abaixo adxunto.pdf)

 

 


 


Están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes co alumnado admitido en 1º ESO e 1º Bacharelato procedente dos centros adscritos.
Lémbrase que este alumnado debe formalizar a matrícula nas datas establecidas.

 

Información reserva e admisión.

 
Están publicadas no taboleiro interior do centro as listaxes co alumnado admitido en 1º ESO e 1º Bacharelato procedente dos centros adscritos.
Lémbrase que este alumnado debe formalizar a matrícula nas datas establecidas.

 ___________________________________________________________

 

Dendo o 16 de xaneiro ao 6 de febreiro,está aberto o prazo de reserva para o curso 23-24, nos centros adscritos:

 

1º ESO:                                                                      1º Bacharelato:

CEIP Sequelo-Marín                                                   IES Mestre Landín

CEIP Plurilingüe A Laxe                                             CPR Plurilingüe La Inmaculada

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 23-24, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos. A partir do 22 de febreiro, publicaremos toda a información sobre o proceso de admisión.

Calendario curso escolar 22/23 modificado

Información sobre o calendario escolar, modificado segundo a Orde do 27 de decembro de 2022:

PARA A ESO

  • Modifícanse as datas da 2ª avaliación, que rematará o día 24/3, día no que se entregaran as notas.
  • A diferencia do ano pasado, desaparece o período de recuperación entre a 3ª avaliación e avaliación final. 
  • As clases rematan o 21 de xuño para todo o alumnado, día no que se entregaran as notas. 
  • As notas se entregarán o día 27/6.

 

PARA 1º BACH

  • Modifícanse as datas da 2ª avaliación, que rematará o día 24/3, día no que se entregaran as notas. 
  • A 3ª avaliación remata o día 5/6, día no que se entregarán as notas pola tarde .
  • Entre os días 6/6 e 21/6 terá lugar o período de recuperación para o alumnado que suspendese algunha materia.
  • Durante o período de recuperación, o alumnado sen materias suspensas acudirá ao centro, pero as actividades que realiza nese período non serán computables a efectos académicos

 

Reunión profesorado titor coas familias

O próximo martes 27 de setembro ás 19:00 todas os pais, nais ou titores legais do alumnado do centor estades convidados a unha reunión informativa co profesorado titor dos vosos fillos no centro. 

 

 

RELACIÓN LIBROS DE TEXTO 22/23

LISTAXES PROVISIONAIS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa están dispoñibles na porta do centro as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto. O prazo de reclamacións remata o venres 15 de xullo as 13:30 horas.

100% de aprobados no Exame DELF.

100% de aprobados no exame do DELF scolaire. Parabéns ós 18 alumnos e alumnas! (9 nivel A2, 6 B1 y 3 B2)

ENTREGA DE BOLETÍNS

A entrega de boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria de BACHARELATO terá lugar o xoves 23 de xuño ás 12:30 horas.

A entrega de boletíns de cualificacións da avaliación final da ESO terá lugar o mércores 29 de xuño ás 10:00 horas.

NON SE ENTREGARÁN OS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS a aquel alumnado que non devolvese os libros de texto no caso de que sexa receptor do fondo solidario de libros de texto, e asemade ao alumnado que non devolvese os libros de préstamo da biblioteca.

CALENDARIO DE PROBAS EXTRAORDINARIAS.

Achégase o calendario de probas extraordinarias de bacharelato e de pendentes da ESO.

 

 

Instruccións para o pago de taxas 2º BACH

Indícase nestes dous documentos como pagar as taxas para a expedición do título de bacharelato e as taxas das ABAU

Distribuir contido


by Dr. Radut