Dende o 30 abril ó 7 de maio o alumnado de Francés de 3º e 4º de ESO do IES Illa de Sarón e do IES Marqués de Sargadelos, acompañados polo profesor de Francés Alberto Aguado e o profesor de Educación Física Tomás Porto, participaron nun intercambio con alumnado francés do Collège Les Clorisseaux, da ciudad de Poilly-lez-Gien, Francia. Con esta actividade preténdese mellorar a comunicación oral en lingua francesa do noso alumnado así como afondar no coñecemento das costumes e patrimonio cultural do pais veciño, convivindo con familias francesas.
Aproveitaron a viaxe para coñecer París, visitaron os lugares emblemáticos da capital e realizaron un percorrido en barco polo Sena. Visitaron tamén Fontaineblau e participaron nun obradoiro de Esgrima, deporte que ningún dos partipantes practicara antes.
Chegaron agotados, pero moi contentos da experiencia e con ganas de recomendala ós compañeiros de outros cursos que poderán repetir esta experiencia en vindeiros anos.
Mais informacion sobre esta actividade na páxina web do Departamento de Francés.
PARÍS. ALUMNADO ILLA DE SARÓN E MARQUÉS DE SARGADELOS
INTERCAMBIO FRANCIA 2016/17
FOTOGRAFIA CREATIVA TORRE EIFFEL
GRUPO ALUMNADO 4º ESO ILLA DE SARÓN
INTERCAMBIO FRANCIA 2016-17