Muller e traballo:
importancia da formación inicial e da formación continua
O día 8 de marzo de 2017 con motivo do Día Internacional da Muller tivo lugar no IES Illa de Sarón, unha mesa redonda que abordou tanto o presente como o pasado da situación laboral da muller, incidindo, especialmente, no seu rol social tradicional dentro dos condicionantes da súa vida laboral.
Sen esquecer a progresiva incorporación da muller a profesións nas que fai ben pouco tiña unha representación máis ben minoritaria, recalcouse moito a importancia da formación inicial e da formación continua dentro das posibles respostas de adaptación ás dificultades de acceso ao emprego, á precariedade laboral e aos cambios de raíz e de estrutura do sistema produtivo que nos veñen dados.
Participaron na mesa redonda:
- José Ramón Casas Oroza. Ex-Vicedirector do IES Illa de Sarón.
- Martina Mendiña Juncal. Cabo na OAP de Ferrol. Sección de Recrutamento. Armada Española.
- Fátima Rodríguez Moreda. Avogada. Asesora Xurídica do Centro de Información á Muller. Mondoñedo
- María Nieves Seoane Martínez. Xefa do Departamento de Orientación do IES Illa de Saron. Moderadora da mesa.