O pasado día 19 de outubro, o xornalista Emilio Varela, especialista en temas medioambientais, impartiu no noso centro a conferencia Atlantis.A ciencia do mito destinada ó alumnado de 3º e 4º de ESO.
A conferencia versou sobre o mito da Atlántida de Platón e explicou dende un punto de vista científico a erupción volcánica da illa de Thera, actual Santorini, hai 3000 anos e que supuxo a desaparición da civilización minoica.
O xornalista, activista medioambiental, aproveitou a súa exposición final para concienciar ó alumnado do impacto do cambio climático no Mediterráneo, da pesca extractiva, do turismo de masa e da contaminación que conleva a actividade humana nese entorno.