Os/as alumnos/as de terceiro da ESO visitaron en maio a aula Newton en Ourense.
Aula Newton Galicia é unha iniciativa de divulgación científica gratuíta que Tecnópole promove entre os centros educativos de Secundaria de Galicia.
Está organizada conxuntamente entre Xunta de Galicia, Boeing, First Scandinavia e Tecnópole.
Aula Newton Galicia ofrece formación en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas mediante dinámicas prácticas de forma que os estudantes teñen acceso a equipos que lles permiten explorar, debater, reflexionar e colaborar nas materias STEM.