O IES A Guía crea o Xardín do Emprendedor

O IES A Guía aposta polo emprendemento dende o seu departamento de Formación e Orientación Laboral (FOL), poñendo en marcha o Xardín do Emprendedor. Este espazo simboliza o traballo de transformar unha idea nun proxecto real, que xere traballo por conta propia, xa que ao igual que unha árbore, un emprendedor pode botar a semente dunha idea e cultivala con coidado e paciencia para que dé os seus froitos.

Ademais do departamento de FOL (organizador da actividade), colaboraron tamén os departamntos de Comercio e Márketing e o de Economía, facendo partícipe ao alumnado de Formación Profesional (1º de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, 2º de Acondicionamento Físico) e da ESO (4º ESO). O Xardín do Emprendedor foi financiado por unha banda co "Reto dos 5 euros", no que o alumnado de FP debía poñer en marcha idea de negocio cunha inversión máxima inicial de 5 euros e levala a cabo no centro establecendo prezos populares polo producto á venda (0,20€). Houbo actividades de todo tipo incluíndo xadrez, participacións en rifas, debuxos personalizados, espectáculos de maxia, venda de café, etc. A outra parte da financiación correu a cargo de 4º de ESO coa creación da cooperativa Agarime (dentro do proxecto educativo DepoEmprende), na que puxeron á venda bolsas de tela reciclables con deseño propio, ademais do sorteo dunha cesta no Entroido. Debido a súa repercursión, o xornal escolar atlántico cubriu a noticia, que podedes ler de seguido:

Premio polo participación no entroido

O pasado luns, día 27 de marzo, o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO foi de visita ao Lago Castiñeiras para premiar a súa participación na edición do entroido 2023. Aquí tedes unha pequena mostra:

Xornadas TESGALICIA

O pasado día 22 de marzo, o alumnado do ciclo superior de Acondicionamento Físico do IES A Guía participou nas VI Xornadas Tesgalicia no recinto feiral de Expourense. Durante os obradoiros poideron realizar prácticas con bonecos para RCP, visitar o helicóptero medicalizado 061 da base de Ourense, prácticas de control de hemorraxias así como diversas maniobras en outro tipo de emerxencias.

 

Visita ao centro de día Atalaia

O pasado día 15 de marzo, o 2º curso de FPB realizou unha visita ao Centro de día Atalaia (centro ubicado a escasos metros do noso instituto). A visita encadrouse dentro dos actos do 8 de marzo, deste xeito coñecimos de primeira man as historias das mulleres usuarias do centro. Estas mulleres compartiron con nós distintos aspectos da súa vida: profesións, afamilias, a súa infancia. Foron historias motivadoras e inspiradoras. Ademáis coñecimos a importante labor das traballadoras do centro. Unha visita chea de emoción e tenrura, tanto para os residentes como para o alumnado e profesorado. Agradecemos o Centro Atalaia a súa acollida e agardabamos poder seguir a colaborar noutros proxectos. Grazas!

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer