VISITA AO PORTO DE VIGO

Esta semana os alumnos e alumnas de 2º XVEC e XVEC DUAL visitaron as instalacións do porto de Vigo acompañados dos profesores do Departamento de Comercio e Márketing, Carlos Jiménez e Noela Martínez.

Da man de Jesús Pais coñecemos todos os pormenores do funcionamento do porto de Vigo: dende a lonxa, as zonas de almacenaxe e preparación de pedidos ata a terminal ro-ro situada en Bouzas. A visita completouse coas explicacións de Pablo González sobre a terminal marítima da empresa TERMAVI. Deste xeito poidemos ver in situ os movementos de contedores do porto de Vigo, apreciando a importancia do tránsito marítimo na actividade comercial así como a complexidade das operacións necesarias para o correcto funcionamento da cadea de suministro.

Moitas grazas á Autoridade Portuaria e a Termavi por acollernos tan ben! Sen dúbida repetiremos!

porto

 

porto 2

Logo_plan_dixital

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer