O curso rematou case coma empezou, co “Proxecto Ríos”.
O pasado 12 de xuño, os alumnos e alumnas de Proxecto Competencial de 3º da ESO, realizaron a segunda saída, a campaña de primavera.
Foi unha saída formativa que se realizou da man de ADEGA. Miguel Leirós acompañounos e guiou tanto ao profesorado como ao alumnado na identificación e determinación da saúde ambiental do tramo de río seleccionado e da súa contorna.
Como continuación do proxecto do “Bosque Atlántico”, tamén se procedeu á identificación dalgunha das 25 especies de árbores pertencentes ao bosque atlántico primixenio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
proxecto ríos.jpg | 3.87 MB |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer