Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Xullo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO

 

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO 

 

¿Que título se obtén?

Técnico en Mantemento Electromecánico
Duración

 2.000 horas

¿Que se aprende a facer? Montar e manter maquinaria e equipamento industrial e liñas automatizadas de produción, de acordo coas normas e os regulamentos establecidos, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais e respecto polo ambiente.
¿En que ámbitos se traballa? En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas á montaxe e ao mantemento ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
¿Que ocupacións se desempeñan?

- Mecánico/a de mantemento.

- Montador/ora de industrial.

- Montador/ora de equipamentos eléctricos.

- Montador/ora de equipamentos electrónicos.

- Mantedor/ora de liña automatizada.

- Montador/ora de bens de equipamento.

- Montador/ora de automatismos pneumáticos e hidráulicos.

- Instalador/ora electricista industrial.

- Electricista de mantemento e reparación de equipamentos de control, medida e precisión.

 

¿Cales son os módulos deste ciclo?

1º CURSO:

- Técnicas de fabricación

- Técnicas de unión e montaxe

- Electricidade e automatismos eléctricos

- Automatismos pneumáticos e hidráulicos

- Formación e orientación laboral

2º CURSO:

- Montaxe e mantemento mecánico

- Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico

- Montaxe e mantemento de liñas automatizadas

- Empresa e iniciativa emprendedora

- Formación en centros de traballo

¿A que outros estudos se pode acceder?

Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior.

 

Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura.