Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS
|
||
¿Que título se obtén? |
Técnico superior en Administración e Finanzas | |
Duración |
2.000 horas |
|
¿Que se aprende a facer? | Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais, laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando a normativa vixente e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou das persoas usuarias, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental. | |
¿En que ámbitos se traballa? | En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade, nomeadamente no sector de servizos, así como nas Administracións Públicas. Tamén poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou a través do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira ou laboral, estudos de proxectos, etc. | |
¿Que ocupacións se desempeñan? |
- Administrativo/a de oficina. - Administrativo/a comercial. - Administrativo/a financeiro/a. - Administrativo contable. - Administrativo/a de loxística. - Administrativo/a de banca e seguros. |
- Administativo de recursos humanos.
- Administrativo/a da Administración pública. - Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías. - Técnico/a en xestión de cobramentos. - Responsable de atención á clientela. |
¿Cales son os módulos deste ciclo? |
1º CURSO: - Inglés - Xestión da documentación xurídica e empresarial - Recursos humanos e responsabilidade social corporativa - Ofimática e proceso da información - Proceso integral da actividade comercial - Comunicación e atención á clientela - Formación e orientación laboral |
2º CURSO: - Xestión de recursos humanos - Xestión financeira - Contabilidade e fiscalidade - Xestión loxística e comercial - Simulación empresarial - Proxecto de administración e finanzas - Formación en centros de traballo
|
¿A que outros estudos se pode acceder? |
Acceso directo a calquera ciclo de grao medio ou superior. Acceso directo a calquera ensinanza universitaria de grao. |
Obtención do título de bacharelato superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elexida e a materia de Lingua Galega e Literatura. |