Departamentos

          Bolboreta         

Revista escolar

Logo EDLG

Plan Proxecta+

Eventos

« Septembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Iniciar sesión

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.

Estadía Erasmus en Francia

Os profesores deste Centro Cristina Fernández Caloto, Isabel Rodríguez Mate e Luis López Melle realizaron unha estadía en Rostrenen (Francia) do 13 ao 17 de maio de 2024 ao abeiro dos programas ERAMUS 2023-1-ES01-KA131-HED-000115603  e 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242.

Durante a súa estadía de aprendizaxe por observación, visitaron as instalacións do Lycée Rosa Parks, e puideron comprobar a metodoloxía de traballo empregada nese centro con entrevistas con persoal de dirección, profesorado e alumnado.

O Lycée RosaParks é un instituto público de ensino profesional especializado nas áreas de Seguridade e Coidados ás persoas.

Coa realización desta actividade, o IES Gregorio Fernández continúa o seu proceso de internacionalización, a través do programa ERASMUS, que permite un intercambio de experiencias entre profesorado e alumnado de Centros europeos.

foto erasmus Francia