Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Durante esta semana, no noso centro celebráronse unha serie de actividades co gallo do 8 de Marzo: o concurso Bolboretas pola Igualdade, a proxección de curtametraxes e temas musicais relacionados con esta temática e unha exposición de libros e filmes, para profundizar e valorar o papel da muller ao longo da historia.
Ademais, o xoves achegáronse ao instituto tres mulleres de referencia da nosa contorna: Chelo de Gandeiría Quintián (O Páramo), Laura de Rural o Urbano (Paradela) e Benedicta Sánchez (O Corgo) para participar na Xornada Mulleres da nosa contorna, na que compartiron a súa experiencia como emprendedoras no mundo rural, no caso de Chelo e Laura, e para escoitar as vivencias dunha muller que tivo que emigrar a Brasil, que volveu á súa terra meiga e mesmo foi quen de conquistar moitos corazóns coa súa interpretación na película O que arde, gañadora dun Goya e da medalla Castelao pola súa contribución a poñer en valor a cultura galega e o galego en calquera lugar do mundo. Tamén se sentaron diante dos micros da nosa radio, Radio Bolboreta, e responderon unha serie de preguntas formuladas por un grupiño de alumnas con total sinceridade e espontaneidade.
O noso agradecemento a estas grandes mulleres pola súa participación e achega á nosa comunidade educativa: educación en valores, paixón pola lectura, emprendemento, valor do rural, afouteza, cooperación, equipo... e que promoven a igualdade de oportunidades na nosa sociedade.
Animádevos a ler a reseña do blog da nosa biblioteca Fiz Vergara Vilariño, na que se recolle algunha das frases que escoitamos durante a xornada! En breve, poderedes escoitar o programa en Radio Bolboreta...