Saltar navegación.
Inicio

bitácorea de admin

Despezando coches… en galego!

Os alumnos de 1º C.M. de Electromecánica de vehículosautomóbiles realizaron un inventario en lingua galega das distintas pezas dun coche. Esta é unha primeira versión, cuxo deseño será perfeccionado, dun material que consideramos moi útil para estender o emprego da lingua galega no eido dos establecementos relacionados coa automoción.

Pódense consultar premendo aquí.

Os nosos materiais… en galego!

No ciclo medio de Mantemento Electromecánico estamos realizando un pequeno glosario co nome en galego dos materiais que empregamos a diario nos nosos talleres. O obxectivo que queremos acadar é que este glosario chegue aos talleres da comarca e que podan facer uso del.

Pódese consultar premendo aquí.

Un modelo de esquela… en galego!

O modelo de esquela pódese consultar premendo aquí.

Documentación administrativa… en galego!

Os alumnos de Ciclo medio de Xestión Administrativa realizaron estes modelos de documentación administrativa, dispoñibles para descarga premendo aquí.

Aviso de suspensión de clases pola climatoloxía (28 de febreiro de 2018)

Por razón do temporal de neve que comezou onte pola tarde e xerou unha situación moi complicada para desprazamentos, o Director do IES García Barbón SUSPENDE as clases no día de hoxe.

Doazón de sangue no IES García Barbón

Prácticas formativas en países da Unión Europea

Becas Erasmus para o profesorado
 

Becas Erasmus para o alumnado

Distribuir contido