Música

Encontro musical en Ferrol. 25.IV.2017

Un nutrido grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO e 1º de BAC que cursan a materia optativa  de música no noso instituto, acompañados polas profesoras Blanca Bello e Isabel Andrade, participan o martes 25 de abril nun encontro musical.

O evento reune a formacións músicaias de varios institutos de Galicia que se reunen en Ferrol nunha xornada de música e convivencia. 

Martes 20 de decembro, sesión musical no IES Francisco Jazz_guiar

Como remate de trimestre, e coa colaboración da Deputación Provincial de A Coruña e o Concello de Betanzos,

organízase na 2º hora do martes 20 de decembro unha  sesión de Jazz no Salón de Actos do noso instituto.

Nel participarán alumnos das materias de música e obradoiros musicais de 4º da ESO e 1º BAC.

III Festival "A Familia en Concerto". Crónica de Antón Méndez

C:\Users\Usuario\Desktop\descarga.png

 

 

O xoves 24 de novembro, ás 12 e media, os alumnos de música de 4º da ESO, xunto coa nosa profesora Blanca Bello, acudimos ao Ceip Vales Villamarín para participar nunha xornada musical con motivo da celebración do III festival “A familia en concerto”, na semana adicada a Santa Cecilia, patroa dos músicos.

 

Desprazámonos a pé, levando algúns instrumentos do noso instituto e dous amplificadores, que por mor da choiva, tivemos que embolsalos para evitar que ao mollarse se estropeasen. Unha vez alí, só tivemos que colocar o que nós levabamos, pois varios dos instrumentos que necesitabamos xa estaban no escenario postos á nosa disposición polo colexio de primaria.

 

Interpretamos dúas obras musicais; a primeira foi un fragmento da banda sonora dunha famosa película de vaqueiros “El bueno, el feo y el malo” e a segunda “Beat it” de Michael Jackson.

 

Ao remate, as profesoras de música do Vales, regaláronnos unha chapa conmemorativa do evento e invitáronnos a unha pequena merenda.

 

Para nós foi unha boa experiencia e esperamos que aos nenos e nenas de primaria e aos seu profesores lles gustara, pois quedamos con ganas de ter a oportunidade de volver participar noutro momento semellante.

 

 

Antón Méndez Fernández ESO 4ºB

Concerto do alumnado de 4º da ESO no Vales. 24.XI.2016

Comezamos por dicir que nos agrada grandemente dar a coñecer aos visitantes da nosa web noticias como a que agora nos ocupa.

Froito dunha colaboración, que agardemos se vaia acrecentando, un grupo de alumnos e alumnas de música de 4º da ESO (animados e dirixidos pola profesora Blanca Bello) , visitarán o 24 de novembro a partir das 12,30 o veciño colexio Vales Villamarín. Alí protagonizarán un concerto didáctico co máis esixente dos públicos, os nenos do dito cole'.

Moita sorte ! Que o disfrutedes!

 

LUNS 26 de setembro. Concerto en "Clave de Fa"

O luns 26 de setembro o Salón de Actos do IES Francisco Aguiar volverá a encherse se música e arte.

Desta volta será por conta de algúns do nosos alumnos participantes na escola de música betanceira CLAVE DE FA(enlace).

Eles i elas protagonizarán un pequeno concerto no que o auditorio estará composto por alumnado do 1º da ESO ( na 3ª hora ) e 2º de ESO (na 4ª hora)

Concerto Fin de curso, NO ALFONSETTI!

Comezaremos, dende a administración destas páxinas, por pedir disculpas polo erro na convocatoria deste concerto: Non foi na Aula Xulio Cuns, senón no Teatro Alfonsetti! 

Por outra banda, compre destacar o entusiasmo e calidade de interpretes ( alumnos de 1º BAC coa incorporación de Pablo Erias, 3º ESO) e directora (Blanca Bello) que o pasado xoves 16 de xuño fixeronnos pasar un tempo verdadeiramente delicioso e entretido.  Parabéns.

Chegou aos nosos oídos..Blanca Bello no Iº Ciclo de Música Sacra de Betanzos

 

Chegou aos nosos oídos....que a profesora de música do noso IES, Blanca Bello, participará nesta Semana Santa no Iº Ciclo de Música Sacra de Betanzos. Concretamente nun concerto no que actuará o Trío Mandeo, do que forma parte, na Igrexa de San Francisco  o martes 22 de marzo a partir das 20.30 h. 

Boa ocasión para escoitar a Blanca en labores máis aló das propiamente docentes  e nun contexto espacial tan significativo e fermoso como é esta xoia do gótico galego, a igrexa de San Francisco.

 

Intercambio musical Vales-Aguiar

Comecemos dicindo que damos con auténtica alegría esta nova porque nos agrada moitísimo toda colaboración co CEIP Vales Villamarín. Non hai moito dabamos conta da visita a este cole' dun grupo de alumnas que forman parte do Grupo Municipal de Folklore Azougue.

 Pois o  martes 9 de xuño serán nenos e nenas da Agrupación Instrumental do CEIP Vales Villamarín acompañados pola súa profesora os que visitarán o noso Instituto para compartir un ensaio coa clase de ESO 4º A . E o mércores 10 terá lugar no "Vales" un pequeno concerto conxunto.

Mmmmmm....como se dicía nestes casos....?  Ah, si..... ¡Merda, moita merda!

Distribuir contido