Animación á lectura

Hora de lectura

11ª SEMANA [1ª SESIÓN]

*** 
Non hai que terlle medo ao frío cando quentan as mans e o maxín as páxinas dun bo libro, como os que é quen de escribir Manuel Rivas ou O Leo.

Hora de Ler. 10ª semana.

10ª SEMANA [1ª SESIÓN]

***

Comenza este segundo trimestre coa ledicia de ter recibida a visita dos Reis Magos ou Papá Noël. Repetimos autores nas suxestións:

 

Para máis suxestións de lectura non deixedes de consultar o "perigoso" blogue da Biblioteca: "Alto Risco"

Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Betanzos" de Xosé Tomás

"Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar". Con ela queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estrítamente académica.  

Hoxe, cun certo retraso vacacional,  damos conta de que chegou aos nosos oídos... que o ex alumno do Aguiar, Xosé Tomás Díaz Teijo, presentou o pasado 27 de decembro no Salón Azul do Liceo o primeiro volumen de "Historias de Betanzos". Unha obra de banda deseñada no que comeza o seu repaso por algúns aspectos da historia da nosa cidade.  O seu afán didáctico (non en van é compañeiro nas lides educativas como profesor de Inglés)  levouno a engadir tamén  un pequeno caderniño de traballo-guía de observación.

Noraboa a Xosé Tomás por este libro -e por todo o seu traballo-  do que Betanzos e o seu vello Insti' se sinten ben orgullosos.

 

E xa sabedes... dádenos a coñecer noticias relativas á grande (e espallada polo mundo mundial) comunidade educativa do Aguiar. 

20 de decembro, un fin de trimestre festivo e de premios.

Como remate do trimestre, o venres día 20 tivemos unha xornada moi animada e premiada no Aguiar. De momento, mentres collemos folgos , simplemente vos presentamos algunhas imaxes das cousas que fixemos. Pronto iremos presentando todas elas de xeito máis detallado ( que para eso tivemos reporteras -¡o noso agradecemento a Ruth Salgado e Raquel Vázquez! - que cubriron todos os eventos

Concertos e festivais na ESO e BAC  cunha obra de teatro, escrita pola profesora Lucía Sáez, que alumnos de 2º representaron á perfección;  a música de varios dos libros que se leron nestre trimestre a cargo dun espectacular grupo de rock formado por alumnos e alumnas de 3º da ESO ( Zuriñe, Aldara, Gala, Manu, Emilio, Rodrigo);  villancicos en inglés coordenados pola profesora Mª José Pardo;  un grupo de baile tradicional e cantareiras de 3º da ESO e 2º BAC ( grazas aos grupos "Azougue" de Betanzos e "O Castro" de Miño que día a día están a  formar a estas magníficas artistas) ; rap de Iago e Jon ( que nos deixaron boquiabertos); e baile, Vero Amor para Bacharelato(¡espectacular!),  e Ángela Novo e o seu grupo de baile para ESO (unha sorpresa moi agradable e unha grande calidade na execución); o rock pixamero dos INESPERADOS ( aos que tamén temos que agradecer que nos deixaran utilizar no festival de BAC os seus equipos de son )

E para que estes festivais funcionasen coma un reloxo... presentadores de altura como Alonso, Lucía, Laura ou Icía

Pintura de murais colectivos. Coordenados polo profesor Xosé Manuel Rey Bao, e provistos de cartóns e tizas de cores os participantes deixaron constancia dunha capacidade artística moi notable (¡xa veredes, xa!)

Torneo de xadrez,  que foi gañado por Lucas Feijoo( á dereita)  en dura "pelexa"  na "semi" con Brais Sabín e na final con Manuel Seijo Ríos. Máis de 40 rapaces e rapazas participaron neste torneo que, un ano máis, temos que agradecer na súa coordenación ao profesor Oscar García.

Premios no IIº Concurso  de Tweets navideños que convoca a Biblioteca do centro, e que este ano coordena Francisco Rodríguez  axudado por Elvira Castro, Carme Suárez, Oscar García e tantos outros e outras que sería longo enumerar.

 

 

A LUZ PERIGOSA

-Cres que poderás?

-Non sei, é difícil.

-Sendo quen es, como non vas poder

-Xa está, vexo unha luz laranxa ao lonxe.

-Ten coidado.


E a pesar das advertenzas do reno, o cu

de Papá Noel fumeou unha boa tempada.

 

AMOR DESLUMBRANTE

Quérote moito, sen ti non podería vivir.

Érgome cada día esperando a túa chegada,

delúmbrasme, iluminasme,eres a luz no

meu camiño. En Nadal véxote menos pero

aínda así chégame, ás veces, a túa calor.

Desexado Sol!

 

En la puerta del pesebre

se ha abierto

el cajón de tristeza,

deshaucios y terrorismo

y así el nacimiento del niño

no ha vuelto a ser lo mismo...

 

 

 

SARA NÚÑEZ FERNÁNDEZ MANUEL SEIJO RÍOS NURIA VÁZQUEZ

 

 

 

Premios no Concurso de Christmas de Nadal que entregou o director, Xosé Manuel Montero, ás gañadoras deste concurso que convoca cada ano o Departamento de Inglés para o alumnado do primeiro ciclo da ESO. (¡grazas ás profesoras Teresa Herguedas e Mª José Pardo!)


 

Campionatos de fútbol-sala, balonmán e baloncesto. (próximamente presentaremos as imaxes) ¡Grazas aos alumnos de 4º que axudaron a organizalos e moi nomeadaente ao profesor Carlos Castellanos que soportou o frío do Polideportivo toda a mañá axudando a que todo fose ben! ¡Grazas aos participantes e ao público que nesta ocasión tivo un gran comportamento e civismo quedando o Poli' en perfecto estado de revista!

Chegou ata os nosos oídos......."Ciencia que conta", Oscar García Ramos

Pois si... xa sabedes todos e todas  que  "Chegou ata os nosos oídos..."  é unha etiqueta da web do IES "Francisco Aguiar" coa que queremos facermos eco  do que ocorre máis aló dos muros do Instituto. Agrádanos dar a coñecer eventos e noticias relacionados con persoas que estiveron entre nós (alumnado ou profesorado, comunidade escolar en xeral) ou con aquelas que aínda forman parte deste proxecto educativo. Trátase de amosar outra cara que non sexa a estritamente académica.  

 

      Hoxe temos o pracer de anunciar con toda a solemnidade que este medio nos permite(non sigan lendo sen clicar este enlace , por favor) 

que o profesor de Lingua e Literatura Galega do IES Francisco Aguiar, Dn. Oscar García Ramos Inocente acaba de recibir un premio na

categoría de "público xeral",  no certame de relatos "Ciencia que Conta 2013" que organiza a Fundación Barrié. Recibíu este premio  o

pasado sábado 14 de decembro na Sede da Fundación Barrié en Vigo.

          O seu relato, "Crónica dunha ascensión" (que agardamos poder ler próximamente), será proposto para formar parte do libro

colectivo "Ciencia que conta 2013" que recolle relatos premiados e seleccionados da edición  do concurso neste ano.

O xurado, formado por Agustín Fernández Paz, Cristina Trillo Yáñez e Xosé Lois González Vázquez,  argumentou o premio ao  relato de

Oscar deste xeito:

   "Valorouse neste texto o hábil ton humorístico que o percorre de principio a fin, así como a simbólica fábula que se nos conta, na que se mesturan materiais

propios do costumismo e do realismo fantástico. As pinceladas científicas intégranse con total naturalidade no conxunto do relato"


¡Parabéns!

 



Clube de lectura

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe celebramos no recreo de bacharelato,

  • con éxito de público Risa,
  • entusiasta participación Sorriso,
  • máis que interesantes comentarios Selado
  • e platiños repletos de suculentas trufas belgas  Canso,    

                                                    ...a reunión do clube de lectura de 1º BAC sobre "O vixía no centeo" de J.D Salinger.

Hora de ler

[8ª sesión, 3ª hora]

Non hai que ter medo: non imos ficar así (aínda que ao mellor tampouco vai tan mal). Para o remate deste primeiro trimestre:  


Papá Noël terá que esperar a súa quenda.

Clube de lectura 1º BAC. "Ás de bolboreta"

Hoxe, ás 11,15 comeza o primeiro grupo dos clubes de lectura de 1º BAC. 

Acompañados por Carme Suárez  e Óscar García comentarán a obra de Rosa Aneiros, "Ás de Bolboreta".

¡ Xa vos contaremos !

Hora de lectura

[8ª semana. 2ª sesión]

 

Somos conscientes de que temos moitos exames programados nesta semana. Profesores e alumnos vivimos baixo tellados de papel. ¿Poderá chegar a relaxación coa lectura? Aí quedan uns contos:

Distribuir contido