Animación á lectura
Hora de Lectura 32ª semana (4ª sesión)
Toca facer valoracións e ter presente como medrou a nosa ousadía.
Xa non somos o mesmo lector que comezou o curso: sabemos escoller e arriscarnos para ser cada día moito millores lectores. E mesmo cando todo o mundo só fala de fútbol, podemos propoñer esta antoloxía de microrrelatos que multiplican os nosos puntos de vista; ou esta outra que recolle textos idóneos para ler mentras visitamos a exposición En un lugar das brañas...
Chegou aos nosos oídos...Raquel Vázquez na Feira do Libro de Madrid
Chegou aos nosos oídos... que unha ex alumna do Aguiar desembarca esta fin de semana en Madrid dispostos a deixar ben alto o pavillón.
Trátase da activa colaboradora da Biblioteca este curso, Raquel Vázquez, que participará o sábado 14 de xuño na Feira do Libro de Madrid.Será pola tarde, de 19 a 21,30 na caseta 316 ( Ediciones Torremozas) onde firmará exemplares do libro "Luna Turbia", co que Raquel gañou o XIV Premio Gloria Fuertes de Poesía Joven
Mundial de futbol. 2015
O luns 16 de xuño fállase o Certame Fotopoético 2014. Xosé Mª Díaz Castro
O vindeiro luns 16 de maio reunirase o xurado que fallará o premio do Safari Fotopoético 2014 adicado, como cada ano, ao literato homenaxeado pola Letras Galegas, neste ano Xosé Mª Díaz Castro.
Para coñecer o resultado deberemos agardar uns días... pero un vistazo rápido que puidemos botar aos traballos presentados descubre un nivel moi alto nos participantes.
Grazas a todos por participar e noraboa polo nivel amosado.
O alumnado de 1º da ESO ponse a "imaxinar lugares"
A cousa comezou co precioso libro de Sarah L. Thomson, magníficamente ilustrado por Rob Gonsalves, "Imagina un Lugar".
Dende que o coñeceu, a rapazada de 1º da ESO, animados e orientados pola súa enerxética profesora de Lingua e Literatura Castelá, Elvira Castro, puxeron mans a obra. Eles tamén podían "imaxinar lugares" e o resultado foi tan delicioso como o que podedes ver.
¡NORABOA!
Tempo de Lectura. 31ª SEMANA [3ª SESIÓN]
Tempo de Lectura. 30ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Nós seguimos a ler, aínda que empregamos outro tipo de proteccións. A sorte de ter deixado atrás os anos 50 do pasado século!
Aí quedan un relato da nosa premiada alumna Amaia Tomé Tomé e unha antoloxía de microrrelatos que agradará a moitos lectores.
Hora de Lectura 29ª semana (1ª sesión)
Visita da escritora Andrea Maceiras. Andrea e as Nubes ( 2ª parte)
Aínda que chea de nervios, aceptei o reto de presentar a escritora Andrea Maceiras diante dos meus compañeiros de curso no día da súa visita ao noso instituto. Cando chegou o momento, non era quen de tranquilizarme, pois sempre me deu vergoña falar en público, e máis aínda diante de alguén que sei que confía en que o faga ben. Mais todas as miñas dúbidas quedaron atrás cando me presentaron a Andrea. Pareceume unha rapaza moi agradable e iso deume ánimos.
Unha vez feita a miña parte, axudeina a fedellar un pouco no ordenador, e a medida que ía falando, todos iamos caendo nas mans da súa voz. Falábanos de tal maneira que nos deixaba enfeitizados. Metíanos na súa historia. E iso demostra o boa narradora que é.
Foi toda unha experiencia estar ao seu carón ese tempo e, ademais, tamén conseguín que me asinase o meu exemplar de Nubes de evolución. Cada paso que damos nas nosas vidas, por pequeno que sexa, prepáranos para o futuro. Desta vez quédome coa sensación de satisfacción que sentín cando lle botei unha ollada a Andrea unha vez rematei de falar e vin que estaba sorrindo.
Mar Nieves Fernández (4ºA)
Tempo de Lectura ... 28ª semana...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- …
- seguinte ›
- última »