Animación á lectura

Hora de ler. Semana do 9 ao 11 de decembro. [4ªsesión]

Ilustración: Christian Krohg

10ª SEMANA [4ª SESIÓN] 

Nesta penúltima semana, entre exame e exame, non podemos deixar de pensar nas próximas vacacións.
Por iso, temos tan presente o tempo de Nadal, tanto no relato de O'Henry como no de Manuel Rivas.

 



"O SANGUE FAI RUÍDO". Crónica do club de lectura 1º BAC por Amaia Tomé

  "O SANGUE FAI RUÍDO"
O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais. 
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
 
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
 
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
 
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.
Amaia Tomé
 
 

Solemne proclamación do "león" de novembro: Iago Espiñeira Martínez

O Equipo da Biblioteca volve a distinguir ao alumno que máis uso fixo da biblioteca no pasado mes de novembro proclamándoo como "leon" de novembro.

Trátase do alumno de 2º da ESO Iago Espiñeira Martínez

Hora de ler. Semana do 30 de novembro a 4 de decembro. [3ªsesión]

HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN] 
 
Historias de animais... Eso anda a ler o fermoso galo debuxado por Pablo Gallo
 
Como ten moita competencia lectora, estará a piques de chegar ao final da historia do elefante de Slawomir Mrozek e, tras unha pequena pausa, comezará a ler O caso do unicornio azul do noso admirado e querido Agustín Fernández Paz.  

Martes 24 de novembro. Club de Lectura da ESO . Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

O martes 24 de novembro un numeroso grupo de alumnos e alumnas da ESO do IES Francisco Aguiar optarán, ao remate das clases da mañá, por quedar no Instituto para comer, pasar un bo rato e....CHARLAR SOBRE un LIBRO .

Animados pola experiencia de cursos anteriores o Grupo da Biblioteca volve a convocar a esta actividade ao alumnado participante nos clubs de lectura do IES Francisco Aguiar. Unha vez máis encheremos este espazo entre as clases da mañá e a da tarde coas viandas compartidas e a reunión dos grupos para intercambiar impresións sobre os libros que se leron neste trimestre.

¡QUE VÉN SENDO XERUNDIO!

Concurso de Chíos (vaaaaale......... tweets) de Nadal

IV CONCURSO DE TWEETS  DO NADAL

 

Con motivo das festas de Nadal, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de tweets .

Trátase de textos breves con forma de relato, mensaxe ou lemas

(como os que se realizan a través da rede social twitter)

cunha extensión máxima é de 140 caracteres.

 

BASES DE PARTICIPACIÓN

 

 1. Poderán participar todos os alumnos que así o desexen. O tema terá que ver co Nadal. Cada un poderá envíar un máximo de tres tweets.

 2. As persoas que presenten os seus tweets ao concurso serán responsables da orixinalidade e

autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos

presentados, fosen premiados, ou non.

 3. A presentación dos tweets poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina

web do IES Francisco Aguiar o día 23 de novembro de 2015 , ata o 14 de decembro de de 2015 ás 15:00 h.

 4.Admitiránse dúas modalidades á hora de presentar os tweets.

  • Remitindoos ao correo electrónico da biblioteca: bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  • Na Biblioteca en sobre pechado con lema e no interior o tweet ou tweets e un sobre pechado co nome do participante.

5. Haberá un Xurado integrado por cinco persoas do Equipo da Bibliuoteca que será o encargado de avaliar os tweets presentados.

6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

7. O xurado emitirá o fallo antes do día 18 de decembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar no que designará o mellor tweet e os finalistas.

8. O premio consistirá nun vale de 20 euros para a compra dun libro, cómic, disco ou DVD.

9. A presentación dun tweet á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases.

Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

 

 

Hora de Lectura. semana 23 a 27 de novembro. 2ª sesión

8ª SEMANA [2ª SESIÓN] 
 

Outra semana a ler, pero non é esta unha semana máis. 
Corresponde ás institucións públicas, e polo tanto, tamén á Escola, loitar para evitar calquera tipo de inxusticia; por iso, no Aguiar empregaremos sempre todas as forzas para concienciar á comunidade na imprescindible erradicación da discriminación sexual e unha das súas peores manifestacións: a violencia contra a muller.
As mulleres que pintou Sylvia Plath desexarían pensar un mundo no que as historias sobre as que escriben estas microrrelatistas colombianas Paula Carballeira fosen arqueoloxía do pasado, dun terrible pasado...  

Calendario de actividades. Semana do 23 ao 27 de novembro

Luns 23

Ábrese o prazo para o concurso de tweets (Chíos!) de Nadal 

Martes 24

Enchemos o Instituto de leons e leoas. Mediodía de Club de Lectura para a ESO

Martes 24

Charla ao alumnado de ESO 4º e BAC 1º sobre o Banco de Alimentos e a súa iniciativa solidaria

catherinettes.gif

Mércores 25

Inauguración na Biblioteca da exposición de sombreiros pola festa das Catherinettes

Mércores 25 

Sumámonos á iniciativa da ONU contra a violencia de xénero pintando de laranxa o Instituto. Traballo sobre a exposición de carteis "Cartas de Amor"

 

Venres 27

Alumnado de 1º e 2º BAC visitarán en Lugo a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"

casa museo casares quiroga 80x80

 

Miniaturas+Pes foto_SEOANE_gal_page6_image15

 

 

 

Venres 27

Con alumnado de ESO 3º,  organizada polo Dpto. Educación Plástica e Visual: Visita á Casa_Museo Casares Quiroga (sede actual da exposición "Betanzos Histórico" realizada polo alumnado do IES Francisco Aguiar); Taller na Fundación Luís Seoane

 

 

 

A "leoa" de outubro recolle os seus premios na biblioteca

Vanessa Cachaza Grill, a "leoa" de outubro recolle os seus premios na biblioteca "Sebastián Buedo" do IES Francisco Aguiar de Betanzos.

Noraboa para Vanessa...e que cunda o exemplo lector!

(encheremos o Aguiar de leóns e leoas...!)

Foto de Roberto Junior y su Bandeño.

 

 
Distribuir contido