Animación á lectura

Paisaxes animados con Scratch 1ºESO

Dende a Asignatura Programación de 1º da ESO comprácenos compartir unha mostra do proxecto "Paisaxe Animado" que realizamos na primeira avaliación. O elexido para mostra é o exercizo de Áriel Martinez Cancio que debuxou e animou unha biblioteca con libros voadores, plumas bailarinas e falantes, e imaxinación a raudales. Todos os debuxos son orixinais e feitos "a rato" (con todo o mérito que eso tén). Agardamos que vos guste e serva tamén coma "Animación á lectura" Guiño.

Preme na bandeira para comezar.

 

Carmen Núñez

 

 

Hora de ler. Semana do 11 ao 15 de xaneiro. [1ªsesión]

Ilustración: Alejandro Colucci

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]

A quen de nós non lle apetece ler historias de monstruos...?
 
Pois polo que se ve, eles, postos a elexir non escollen nin a Lovecraft(enlace) nin a Luis G. Martín(enlace).
 
A Frankie góstalle Cervantes!



 

Os "Reis Magos" tamén pasaron pola Biblio' do Aguiar

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Érase unha vez...  un modesto instituto galego , en Betanzos, que tivo a fortuna de recibir en persona a visita dun dos paxes dos máis Majos de todos os reis. Tratabase dun ex alumno do instituto, que tivo a ben remitirnos, de parte destes Reis da Lectura, unha caixa cheeeeea de libros para a Biblioteca, para o alumnado do Aguiar.

Como nenos con xoguetes novos..dende mañá mesmo poñémolos en circulación

¡que rulen!

Hora de ler. Semana do 7 ao 8 de xaneiro. [1ªsesión]

12ª SEMANA [1ª SESIÓN]
 

Ano 2016. Xoves sete de xaneiro. 8:45 da mañá.
Comezamos, tan absortos como a rapaza da ilustración de Helena García Pérez(enlace), pensando aínda no nadal;

Estraños fenómenos paranormais no Aguiar. PARA...! NORMAIS!


O que está a ocorrer nos últimos anos no Aguiar podería, para algúns, semellar "paranormal". Pero non é outra cousa que os froitos do compromiso coa lectura que son os froitos do entusiasmo e do traballo dun grupo de profesores e profesoras .

Que teñamos tan cantidade de alumnos e alumnas nos clubes de lectura.

Que ampliemos eses clubs a nais e pais, persoal non docente ou mesmo xente allea ao centro.

Que cada vez que se fai un concurso literario, como o de "Chíos de Nadal" ( enténdase tweets), "petemos" en cantidade e calidade

Todo isto deixa de ser "paranormal" se temos en conta o que agacha de entusiasmo, creatividade e traballo. (para os que se pregunten polas proporcións para ista receta ... recurrimos a unha cita que nos deu o outro día Xosé Manuel Rey: "A arte é un 10% de inspiración e un 90% de transpiración")

Pois ben, en todo isto unha alegría máis. Un motivo máis para presumir. Sen saber de que xeito,  un grupo de alumnos e alumnas ofrecéronse a colaborar como voluntarias e voluntarios nas tarefas da Biblioteca. Botaron unha man na actividade de agasallo de libros que tivo lugar o 11 de decembro. Agora o grupo de colaboradores vaise encargar, coa axuda do profesorado do grupo de Biblioteca,  dos préstamos nos recreos; organizaron eles as quendas. Ademais pediron un lugar no que facer peticións, fixeron un cartel e colocárono no taboleiro...e case o encheron....

 E os seus nomes son: Ángela Rodríguez, Raquel Vázquez, Irene Docampo, Brais Agilda, Carmela Vázquez, Loreto Vázquez, Nuria Torregrosa, Julia Nieto, Julia Medín. 

Parabens para o Instituto, grazas a elas e a el.

CLUB DE LECTURA PRESENCIAL 2º BACH. Crónica de Mar Nieves

El pasado viernes 11, alumnos de 2* de Bachillerato nos reunimos en el recreo para participar en la primera reunión del club de lectura presencial del curso.

Junto a más de 15 compañeros, tratamos en nuestro encuentro un tema bastante escabroso, pero que últimamente está siendo ojo de multitud de críticas: el terrorismo.
Mediante dos poemas de Wislawa Szymborska (Terroristas[ver en  enlace]), y El terrorista: él mira[ver en enlace]), Premio Nobel de Literatura en 1996, y el fragmento inicial de la película Mil veces buenas noches (2013) de Erik Poppe, nos enfrentamos a una realidad que a muchos no nos gusta admitir: el hecho de que el terrorismo no sea algo ajeno a nosotros.

Tras una reflexión sobre las personas y lo que influye su situación personal en sus decisiones, terminamos citándonos la semana que viene de nuevo, antes de lo previsto por Francisco Rodríguez, el profesor que lleva a cabo esta actividad: es evidente que nuestro primer encuentro ha concluido con éxito.

Mar Nieves Fernández

Club de lectura de Adultos. Encontro con Anxos Sumai

Así nacen as baleas é unha novela líquida. Foi unha das conclusións da xuntanza coa escritora Anxos Sumai.

O club de lectura de Adultos do noso IES ( do que forman parte nais e pais, profesorado, persoal non docente e mesmo algunhas persoas alleas ao centro) reuníamonos coa autora do citado libro na libraría Biblos. Logo da presentación, á conta do compañeiro Xosé Luís Mosquera, comezou un fecundo ( e divertido) diálogo con Anxos Sumai.

Anxos falou da orixe da novela: un traballo sobre a violencia sexista que a levou a analizar o que tamén ocorre no ámbito privado da familia. 
A familia que conforman os donos da ferraxería Cándido oculta, tras o visillo do éxito económico e social, a infelicidade que acaba desencadeando a traxedia, nun mundo no que non hai amor para os seres singulares, que son rexeitados polas súas taras.
 
Unha historia sobre a amputación emocional, sobre a anomalía, sobre o desafecto... que está sustentada sobre unha arquitectura simbólica na que os encaixes, o funil e a corda e o caldeiro, pero por enriba de todo, a auga, condicionan a mirada intrusa do lector.

Chegou aos nosos oídos... os Cachorros de Ornitorrinco ocupan espazo na Biblioteca Esteve Paluzie de Barberá del Vallés

Chegou aos nosos oídos.... que o libro de microrrelatos "Cachorros de Ornitorrinco" escrito por un grupo de alumnos e alumnas do Aguiar baixo a coordinación de Francisco Rodríguez Coloma (profesor do Departamento de Lingua e Literatura Castelá) e Raquel Vázquez (ex alumna pero non menos mestra) ocupa lugar nos andeis dunha importante biblioteca adicada ao xénero da microficción. Así nolo contan dende o facebook da nosa Biblioteca:

Existen moitos tipos de bibliotecas, pero só unha pode presumir de apostar tanto pola promoción das formas hiperbreves (en particular, o microrrelato): a Biblioteca Esteve Paluzie de Barberá del Vallés. Entre os seus fondos, que conteñen a máis completa colección de narrativa hiperbreve, xa contan con "Cachorros de Ornitorrinco".

E así o presentan:

No hi ha res més que ens enorgulleixi tant que tenir en el fons especialitzat del gènere microrelat els llibres dedicats pels seus autors i autores.
I en aquest cas un orgull molt especial, perque des de La Microbiblioteca creiem fonamentalment que l'educació és un dels pilars bàsics per a descobrir la literatura i que si aquesta planta la llavor per conèixer-la, valorar-la i estimar-la no hi haurà aturador al llarg de la vida dels nous lectors, i possibles futurs escriptors i escriptores.
Moltíssimes gràcies a Raquel Vázquez, Francisco Rodríguez Coloma, Pedro Sánchez Negreira i a l'editorial Zaera Silvar, per treballar i editar aquest fantàstic llibre.
Els autors de "Cachorros de ornitorrinco: Teoría del microrrelato y experiencia docente" (Zaera Silvar, 2015) són els i les alumnes de 3er d'ESO de l'IES Francisco Aguiar de Betanzos (A Coruña) del curs 2013-14.
La coordinació d'aquest magnífic projecte es deu a Raquel Vázquez i a Francisco Rodríguez Coloma (A Coruña, 1963), ambdós coadministren el blog de referència dedicat a les microformes literàries Documenta Mínima sota el nom de Colectivo Máximo.

 
 

ASÍ NACEN AS BALEAS: ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS CON ANXOS SUMAI 9.XII.2015

Aviso para todos os arponeiros da contorna: xa temos data para o encontro con Anxos Sumai na Libraría Biblos. Será o mércores 9 de decembro ás 18:30.
 
Está previsto que comecemos a falar de Así nacen as baleas. E despois, como sempre, deixarémonos levar polas correntes mariñas ata eso das oito, momento no que cederémoslle a palabra a Víctor Freixanes, que exercerá como documentado presentador da novela de Manuel Portas Lourenço, Xograr, que ven de gañar o  Premio García Barros neste 2015.  
 
 
Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos
18:30
9 de decembro do 2015
 
Distribuir contido