Van unhas poucas imaxes das tardes que pasamos xogando e programando con Intelixencia Artificial e Machine Learning: asistentes virtuais, meteofotoprediccións e camaleóns. Estes exercizos amosáronnos de xeito práctico cómo unha máquina pode chegar a entender a nosa linguaxe natural e mesmo cómo pode aprender o que són as cores a través de fotografías.
Con esta actividade, rexistrada na "Semana da Programación da Unión Europea" CodeweekEU, os participantes do club de ciencia recibiron un certificado que, as profesoras titoras Marta Bellas e Carmen Núñez, amosamos orgullosas.
O guión do que fixemos, con algo máis de info por se alguén máis quere bucear podédelo atopar aquí.
Grazas a todos os participantes!!! Vémonos doutra volta!!!