TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”

Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.

Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.

Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.

Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.

HORA DE LER

07/01/2023 09:42
Europe/Andorra

 

 

 

Anacronismo: 

 

substantivo masculino

  1. Erro de cronoloxía polo cal se datan nunha época determinada persoas, cousas, feitos ou acontecementos que ocorreron noutra.
  2. Calquera feito, uso, costume, actitude etc., que non concorda co seu tempo senón que é máis propio doutra época que non é a súa.    

Utopía: 

substantivo masculino

  1. Modelo imaxinario de organización social ideal, moi afastado das condicións reais.
  2. Idea, proxecto etc., que se considera moi bo pero irrealizable.    
 
Decir que a virxe María está a ler a Lucía Berlín ou a Shirley Jackson resulta un evidente anacronismo.
Esperar que un pai (mesmo un pater putativus) coide do seu fillo non debería ser unha utopía.
 
 
Ilustración: anónimo, Libro de las horas de Besançon (s.XIV).
 


VISITA AO "MUSEO NACIONAL DE CIENCIA Y TECNOLOGÍA" (MUNCYT) DA CORUÑA

 

Organizado polo departamento de Tecnoloxía os alumnos e alumnas de 2º da ESO realizaron unha visita ao MUNCYT da Coruña os días 20 e 21 de decembro de 2022.

Cada día, dividiuse o grupo en dous, realizando dúas actividades. A primeira foi un obradoiro de Óptica e cores, onde se traballou con prismas que descompoñen a luz en colores e hologramas, a partir de pantallas dixitais e outros efectos ópticos.

A segunda actividade foi unha visita guiada ao museo, con especial atención a unha exposición permanente co gallo dos cen anos da táboa periódica con diversas actividades interactivas.

Finalmente, comprobamos que a exposición de inventoras e inventores españois segue a incorporar novos membros.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita ao Muncyt- 2º ESO

FELIZ NADAL

24/12/2022 13:59
Europe/Andorra

Visita de 2° de Bacharelato a Santa María do Azogue

O pasado luns 19 de decembro, o alumnado de 2º de Bach D da materia de Historia da Arte, acompañados pola súa profesora Teresa Bellón, realizaron unha visita guiada á igrexa betanceira de Santa María do Azogue.

O guía desta interesante visita foi Julián Ferrer, profesor de Historia do IES Francisco Aguiar durante moitos anos ata a súa recente xubilación.

Cunha amena explicación os alumnos/as souberon todo o relativo á pintura recentemente atopada no templo, tamén aprenderon múltiples curiosidades do seu impresionante retábulo, así como coñeceron en detalle o capitel, que en realidade é un calendario polas súas representacións simbólicas dos diferentes meses do ano. En vindeiras datas o resto do alumnado de Historia da Arte do instituto repetirá a experiencia.

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Lucía Mosquera Suárez, Premiada doblemente no Facom Fest

19/12/2022 10:39
Europe/Andorra

 

 

 

   Chegou aos nosos oídos que a nosa [ex] alumna Lucía Mosquera Suárez ven de merecer o Premio á mellor obra de non ficción e a Mención a mellor dirección no Facom Fest pola película documental Onde fomos xuntas, traballo de fin de grao de Lucía e a súa compañeira Marta Alborés Prejigueiro. 

   Onde fomos xuntas consegue transmitir ao espectador un relato sobre a sensibilidade das persoas que pertencen á xeneración destas novas creadoras: as expectativas, a comprensión do mundo, os diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo nado a cabalo entre o século XX e o XXI. 

   Cinco capítulos para compoñer, a modo de colaxe, un díario íntimo, mediante a xustaposición de vivencias concretas, caracterizan esta obra na que destaca a experimentación visual, patente na súa montaxe.

Visita á Domus

Pódense ver as fotos da visita ao laboratorio da Domus do alumnado de Bioloxía de 2ºBAC para participar no taller de PCR.

Investigamos a escena do crime. Experimentando coa técnica da PCR, o alumnado simulou a elaboración de perfís de ADN tal e como se realiza habitualmente nos laboratorios forenses.

Álbum: Curso 22-23 -> Visita á Domus

HORA DE LER

17/12/2022 11:19
Europe/Andorra


 

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos de nadal e o conto de Reis de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2022, pregando que non se cumpla o vaticinio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
    Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los  noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

Concurso de postais de Nadal do Departamento de Inglés

O Departamento Didáctico de Inglés convocou, como todos os anos, un concurso de postais de nadal. En breve teremos a postal gañadora.

Álbum: Curso 22-23 -> Concurso de postais de Nadal - Dep. Inglés

Mosaicos bizantinos. 2º de ESO

O alumnado de Xeografía e Historia de 2º de ESO realizou unha actividade manual que consistiu reproducir ou imitar coa técnica do collage outra técnica decorativa, a do mosaico, neste caso, o bizantino.

Álbum: Curso 22-23 -> Mosaicos bizantinos - 2º ESO
Distribuir contido