Chegou aos nosos oídos...Yessica Fernandez gaña o Galicia Skills 2018

Chegou aos nosos oídos.....que a nosa ex alumna Yéssica Fernández Miño gañou o pasado mes de novembro (en dura competencia con compañeiras de Vigo) o Ouro no  Galicia Skills 2018(enlace).

Participaba neste certame  representando ao IES Paseo das Pontes  no seu Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.

Agora atópase preparando o Spain Skills 2019 que se celebra do 25 ao 30  de marzo en Madrid (IFEMA) onde representará ao Ciclo Superior e ao seu instituto a nivel Nacional.

Desexámoslle toda a sorte do mundo porque iso quererá dicir que poderá representar a España no Rusia Skills que se celebrará en Rusia. 

Máis fotos no instagram de Yéssica @yessmisstupi 

 

Sorte para Yéssica! ( a que por certo poderemos felicitar persoalmente porque forma parte do equipo de colaboradores que este ano informan sobre os seus estudos  na XORNADA DE ORIENTACIÓN(enlace) que terá lugar próximamente ( 9 de marzo, 10.30-13.00)

 

?