Chegou aos nosos oídos: Carmen Núñez Carro, ex-Aguiar, nova responsable da viñeta de "Betanzos e a súa comarca"

Carmen Núñez Carro

Chegou aos nosos oídos o traballo dunha ex-Aguiar. "Sinestesia" é o título da nova sección de humor gráfico que estrea "Betanzos e a súa comarca" da man da debuxante Carmen Núñez Carro.
Carmen, ex-Aguiar, compaxina os seus estudos de Bioloxía ca súa paixón pola ilustración. Neste caso, a viñeta fala do incidente que o Globo de Betanzos sufriu estas festas, globo no que colabora dende hai dous anos pintando un cuarterón.

Parabéns, Carmen.

sinestesia