Desde Londres. Viaxe cultural de 4º da ESO
Chegar a Londres e atopar nun dos lugares máis visitados polos turistas, en Trafalgar Square, que se está a celebrar unha mega festa polo día de San Patricio.
Por unha vez, e agardamos que sirva de precedente, disfrutamos dun día radiante. Bastante frío pero nen rastro de nubes ou choiva. Que falando de Londres non é pouca cousa!
E non podía faltar en Londres unha de medios de transporte... experimentar o famoso Tube ( o metro) e, cando menos, fotografarse á beira dun dos taxis da cidade como fan Chus e Mª José.
»