OUTRA XIRA AOS CANEIROS: REUNIÓN CAMPESTRE DOS CLUBES DE LECTURA 2015

26 de Maio 2015. Os Caneiros.


Bucólica estampa. Ao fondo, unha pequena manchiña entre os plátanos de sombra. Un corro de rapaces e rapazas falando de lecturas.
Así, deste xeito tan fermoso, poñemos fin a esta aventura.

Esta foi a última xuntanza dos alumnos de ESO que durante o curso estiveron formando parte dos Clubes de Lectura ...máis de cen ás para voar: unha xira cultural que nos levou camiñando a este fermoso lugar para comer, que convertiu a sobremesa nunha conversación estimulante e nos devolveu ao Instituto entre suores, alerxias e risas.

O Equipo da Biblioteca agradece a participación do alumnado. O voso entusiasmo é o noso alimento!


Imprescindible na travesía anual a implicación dos profesores: Carmen, Elvira, Francisco, Julián, Lucía, María José, Nieves e Óscar; para a xira de hoxe foi de moita axuda a guía de Pepe Valverde.

Parabéns a todos... e ata o curso que ven!

Que a lectura sexa compañeira do vindeiro verán!