Impresionante invasión no Instituto de pombas...da paz

Dende hai un par de días estamos a vivir no "Aguiar" unha tremenda proliferación de pombas da paz coas que os compañeiros da Biblio' e os alumnos de ESO lémbrannos a conmemoración do Día Internacional Escolar da Non Violencia e a Paz. Cada ano facemos así memoria nesta data da morte de Ghandi.