CIRCULAR SOBRE COMEDOR ESCOLAR, TRANSPORTE E LIBROS
Comedor e transporte Transporte escolar ensino non obrigatorio
Modelo de autodeclaración para comedor
PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019
Con data 21 de maio de 2018, saíu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019.
As Solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Solicitude : Anexos I e II
Ademais, poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o ANEXO II e presentaranos no centro, xunto coa documentación.
Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Neste suposto o centro recibirá un aviso.
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 22 de maio e remata o 22 de xuño e 2018, ambos inclusive.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
solicitude_anexos_i_e_ii.pdf | 2.02 MB |
Circular_Servizos complementarios.pdf | 418.7 KB |
Servizos complementarios.pdf | 92.72 KB |
TRANSPORTE ESCOLAR ENSINO NON OBRIGATORIO.pdf | 213.43 KB |
Comedor_ Modelo de autodeclaración.pdf | 179.3 KB |