Dirección de Cociña
O título de técnico superior en Direcion de Cociña identifícase polos seguintes elementos:
– Denominación: Direcion de Cociña
– Nivel: formación profesional de grao superior.
– Duración: 2.000 horas. (2 Cursos)
– Familia profesional: Hostalería e Turismo.
– Acceso a outros estudios: Diplomado en Ciencias Empresariais; Diplomado en Turismo
Perfil profesional
Competencia xeral: A competencia xeral deste título consiste en dirixir e organizar a produción, servizo en cociña, determinando ofertas e recursos, controlando as actividades propias do aprovisionamento, a produción e o servizo, cumprindo os obxectivos económicos, seguindo os protocolos de calidade establecidos e actuando segundo normas de hixiene, prevención de riscos laborais e protección ambiental. Contorno funcional: As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, nomeadamente do sector da hostalaría e, en concreto, do subsector de restauración. Poden actuar en pequenos establecementos, en moitas ocasións como propietario ou propietaria e responsable de cociña simultaneamente. Malia desenvolver habitualmente a súa actividade profesional en establecementos de carácter privado, tamén pode desenvolvela en establecementos públicos, fundamentalmente nos sectores educativo, sanitario e de servizos sociais. Cando non actúan por conta propia, realizan as súas funcións baixo a dependencia da dirección do establecemento, sexa este un hotel ou sexa outro tipo de aloxamento ou establecemento de restauración. ..Ocupacións e postos de traballo máis relevantes: Director/ora de cociña, Xefe/a de produción en cociña, Xefe/a de cociña, Segundo/a xefe/a de cociña, Xefe/a de operacións de cátering, Xefe/a de partida, Cociñeiro/a, Encargado de economato e adega. |
|
MÓDULOS |
HORAS |
1ºcurso |
|
Procesos de preelaboración e conservación en cociña |
240 |
Procesos de elaboración culinaria |
267 |
Control do aprovisionamento de materias primas |
53 |
Xestión da calidade, e da seguridade e hixiene alimentarias |
80 |
Gastronomía e nutrición |
53 |
Formación e orientación laboral |
53 |
Lingua estranxeira (inglés) |
160 |
2º curso |
|
Elaboracións de pastelaría e repostaría en cociña |
210 |
Xestión da produción na cociña |
244 |
Xestión administrativa e comercial na restauración |
70 |
Recursos humanos e dirección de equipos en restauración |
53 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
2º curso - 6º Trimestre |
|
Proxecto de dirección de cociña |
26 |
Formación en centros de traballo |
384 |
Total horas do ciclo |
2000 |
RESULTADOS DE APRENDIZAXE ASOCIADOS A CADA MÓDULO |