Prazo de presentación: do 21 de maio ao 22 de xuño. O alumnado repetidor de 4º de ESO, una vez matriculado en setembro, dispoñerá dun mes para facer a solicitude.
PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - Curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020/21– E.S.O. Ø Asignación de libros por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar (con preferencia para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda). Ø Esgotados os libros dispoñibles, o centro adquirirá os libros complementarios con condicións de renda para garantir un mínimo de: § 6 libros (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €). § 4 libros (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €). § Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda. Ø Alumnado con necesidades específicas de apoio que non usa os libros de texto do curso no que está matriculado. Previo informe do centro poderá recibir un vale de 240 € (renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € ou alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %) ou 160 € (renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €). |
MATERIAL ESCOLAR – E.S.O. Ø Para o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000€: importe de 50€. |
FORMA DE PRESENTACIÓN: as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA (ligazón á sede e á documentación - anexos). Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes e documentación DE FORMA PRESENCIAL CON CITA PREVIA. Solicitude en papel e documentación a achegar: ligazón Ø Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Ø No caso de ter máis dun menor escolarizado no mesmo centro, preséntase UNHA única solicitude. Ø Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. Ø Será imprescindible para poder participar a devolución dos libros de texto e material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2020/21 (agás dos libros de texto de materias pendentes para setembro). O procedemento de devolución será anunciado en próximas datas. Ø Deficiencias, enmenda e, de ser o caso, exclusión. Publicaranse no taboleiro de anuncios, e anunciarase na web do centro dita publicación (prazo de 10 días para emendas e/ou deficiencias). |
ENTREGA DE LIBROS A PARTIR DO 15 DE SETEMBRO E, EN TODO CASO, ANTES DO 24 DE SETEMBRO. |
ENTREGA DE VALES PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR una vez que o alumno/a este matriculado/a e comprobada a devolución de libros do curso pasado. Anunciarase na web do centro. |
Máis información: LIGAZÓN