8M
Gamificación para comprender o feminismo
A actividade desta data consistiu na organización dunha xornada de xogo da oca feminista, no que o alumnado debía responder preguntas, debatir e buscar solucións sobre temas como os permisos de maternidade, a sororidade, os argumentos machistas con respecto á data do 8M, etc. O alumnado de 3º ESO foi o encargado de ser monitoras do xogo, mentres 1º e 2º da ESO ían colocándose nas diferentes mesas para xogar. Deste xeito, o alumnado monitor guiaba ó alumnado máis novo, tomando conciencia do que aprenderan durante ese curso e moderando o debate que se producía entre as xogadoras e xogadores.