CARTA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
Dende o departamento de orientación do CEIP Plurilingüe Santa María nos gustaría facer fincapé nos alumnos/as con NEE. A educación destes alumnos debe rexirse polo principio de atención a diversidade. No noso centro ademais das correspondentes adaptacións curriculares que non entendemos so como unha mera adaptación de contidos curriculares, pretendemos priorizar a funcionalidade. Todas aquelas habilidades de vida diaria relacionadas coa autodirección, autonomía, prevención de condutas que impliquen riscos, habilidades sociais que melloren a integración na vida en comunidade etc.
A situación de confinamento derivada do estado de alarma, fixo especialmente difícil a vida tanto para os propios/as alumnos/as como para as súas familias.
Si ben é difícil a comprensión dunha situación desta envergadura para un adulto, canto máis para nenos e nenas que teñen dificultades para razonar non só de xeito lóxico ou abstracto senón para adquirir normas, xestionar conflictos, aprender a identificar emocións nos demais, etc.
Moitas familias refiren que esta situación de confinamento, especialmente nos momentos mais severos da mesma, afectou de xeito especial o comportamento dos cativos, o cal empeorou como consecuencia da situación de illamento. Nos procesos de socialización, evidentemente son iguais de importantes tanto a familia, como os/as docentes e por suposto o grupo de iguais.
Os nenos e nenas non NEE necesitan unha estructura que conleve hábitos e rutinas, ademais de estar afeitos os distintos profesionais especialistas (coidadores, profesorado de pedagoxía terapeútica…). Se é especialmente doloroso para todos a privación das interaccións e rutinas no contexto dun centro educativo, temos que poñernos na pel destes alumnos e alumnas que se ven privados das canles a través das cales se produce a socialización: a aprendizaxe por observación, o establecemento de vínculos afectivos cos que nos rodean, a aprendizaxe por interacción: reforzo e castigo de condutas, procesos de solución de conflictos cos demais nos que nos axustamos as situacións ou modificamos actitudes ou condutas que non son axeitadas… Todo isto non pode ser sustituído por unha aprendizaxe a distancia ou online. Si ben todas estas circunstancias escapan a nosa posibilidade de dar unha resposta como precisarían estes nenos, provocando a nosa frustración, tamén provocan incertidume e desesperación nas propias familias, preocupadas como toda a comunidade educativa de que esta alteración cause unha merma da súas capacidades de aprendizaxe e da súa madurez condutual.
Si ben na instrucción do 19 de marzo de 2020 do ministerio de sanidade se recolle que as persoas con discapacidade que teñan alteracións conductuais agravadas coa situación de confinamento, poden realizar os desplazamentos que sexan necesarios sempre e cando se cumpran as medidas necesarias para evitar o contaxio, na práctica poñénselle moitas trabas as persoas que cumpren estos requisitos: son vistos como infractores das normas, a xente protesta polo descoñecemento da súa situación e moitas veces pode dar lugar a confusións coas autoridades. Quixéramos facer un chamamento para que se tivese en conta a necesidade que teñen de dar continuidade aos vínculos familiares, moitas veces interrumpidos polas limitacións de desplazamento.
Para finalizar temos que seguir tendo en conta que todos necesitamos esa estrutura da que falábamos, un entorno predicible é fundamental para que haxa un adecuado axuste condutual ou que se lle poida esixir a un/unha neno/a unhas normas ou regras. Esa falta de predecibilidade fai que sexa mais difícil manter na casa esas rutinas ou que os nenos se atopen desmotivados e desafiantes.
So pretendemos que describindo esta realidade especialmente dura para os alumnos con NEAE, nas futuras ou posibles situacións de confinamento con medidas menos flexibles, se as houbese, se siga facendo fincapé e dar visibilidade a necesidade de que as persoas con discapacidade se lles recoñeza ese dereito ao desplazamento sempre conciliado coa preservación da súa saúde.
Dende a nosa responsabilidade como membros dunha comunidade educativa daremos prioridade a traballar cando sexa posible de xeito presencial, o traballo cooperativo, a convivencia, o benestar emocional. Todos estos aspectos relacionados co desenvolvemento persoal que están sendo afectados pola situación de illamento a que nos enfrontamos e que é difícil sustituir con conexións a través das tecnoloxías da comunicación.
Asdo
Departamento de orientación do IES Fontem Albei, CPI de Cervantes e CEIP Plurilingüe Santa María.