Trece cuentos, de Luisa Carnés

O alumnado de 4.º ESO reflexionou sobre a educación das nenas no século XVIII con El sí de las niñas, de Moratín, e comprobou o privilexio que supón no noso tempo ser donas do noso destino. Tamén leu a obra Trece cuentos (1931-1963), de Luisa Carnés, unha escritora invisibilizada pola historia e que todavía hoxe non aparece nos libros de texto nin é incluída no grupo das Sinsombrero, ao pertenecer á clase traballadora. O alumnado tivo que elaborar unha caixa que simulase a carteira coa que Luisa Carnés partiu ao exilio e introducir polo menos trece obxectos, cada un deles relacionadas cos trece contos do libro. A continuación, tivo que expoñer a relación entre o obxecto elixido e o contido do conto. Este traballo supuxo introducirse de cheo nas distintas historias do libro e empatizar coas situacións particulares das mulleres da obra.