Lingua e Literatura Galega

Adaptacións das Programacións do Departamento de Lingua e Literatura Galega

Seguindo as directrices da Consellaría de Educación adaptáronse as Programacións do Lingua e Literatura Galega

e Portugués (2ª Lingua Estranxeira)

 Desenvólvense nos documentos adxuntos.

Traballando durante o confinamento

Desde o inicio do confinamento estamos traballando adaptándonos ás necesidades do noso alumnado, a través dos seguintes medios: Classroom, Drive e no correo electrónico: vazquezsoco@gmail.com.  É preciso organizarnos, traballar día a día para non acumular tarefas; as propostas son diarias ou semanais, sempre tentando adaptarnos ao tempo real da duración da clase.  Enviaremos enlaces a actividades máis lúdicas para distraernos das actividades puramente académicas. Estades a realizar un fantástico traballo. Moito ánimo, forza e saúde!

Seguimento das clases nas próximas semanas

Bo día. Recórdolle a todo o meu alumnado que estamos traballando dende a classroom. Moito ánimo, 

María Pollán, 2º premio do concurso de relatos da Festa da Filloa!

A alumna de 1º de ESO, María Pollán Díaz, obtivo o 2º premio de redacción no concurso que organiza anualmente o Concello de Muimenta co gallo da Festa da Filloa. Temos motivos sobrados para darlle os parabéns a María posto que neste concurso participaron rapaces e rapazas de toda a Terra Chá para contar historias reais ou fantásticas sobre este manxar tan de noso.

CORRELINGUA 2016

Preciosa pancarta elaborada polos rapaces de 3º e PMAR coa coordinación de Matilde, que nos valeu o 2º premio do concurso. Cómpre admitir que a do centro gañador era moi, moi boa... O caso é defender a nosa lingua pasándoo ben ademais os de 3º tiveron a oportunidade de leren o Manifesto gañador do Correlingua en público.

 

 

 

NOVO RAP DO FONMIÑÁ!!

RETALLOS DE MANUEL MARÍA

Retallos de Manuel María on PhotoPeach

Visita á Casa-Museo de Manuel María

Visita dos alumnos de 2º e 3º de ESO á Casa - Museo de Manuel María.

Casa de Manuel María

TRANSMÍTELLO EN GALEGO!

 Este évos o lema que os rapaces de 4º de ESO,  xunto co ENDL do instituto vos propoñen para que enviedes ou regaledes tarxetas en galego a familia e amigos. 
 
Como non as demos atopado nas librarías e papelarías animámonos a facelas, e con elas poderedes desexar un Bo Nadal, dar os parabéns, transmitir condolencias, desexar un Bo Aniversario, anunciar a chegada dun bebé, pedir perdón, etc... pero  na nosa lingua.
 
Animádevos e mercade algunha para que os de 4º podan facer unha bonita viaxe de fin de curso e para normalizar o uso do galego nas nosas vidas!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Podes velas premendo aquí.

Visita á Casa-Museo de Manuel María

O 20 de abril, visitamos a Casa-Museo de Manuel María en Outeiro de Rei. Puidemos coñecer máis a fondo o mundo do poeta da Terra Chá a través dos seus mobles e obxectos máis prezados (libros, a colección de navallas, fotos, cadros, premios...) e, por suposto, coa axuda de Fran, o guía, e de Pepa de Hortas, a cuñada do escritor, que  vnoseu saudar á saída.

 

 

 

 

 

 

 

 

 Tés máis fotos aqui

Distribuir contido